En ‘La nueva educación’, o único español finalista do Global Teacher Prize non dá receitas fáciles, senón que explica a súa propia experiencia nas aulas para axudarnos a entender que podemos facer
O pasado mes de marzo, Nancie Atwell convertíase na mellor profesora do mundo cando gañou o Global Teacher Prize, un título recoñecido pola Varkley Foundation e dotado cun millón de dólares. Entre os 50 finalistas encontrábase tamén un español, César Bona (43 anos) –o único español na lista–, que na súa corta carreira conseguiu chamar a atención de personalidades de todo o mundo. Entre elas, Jane Goodall, a célebre primatóloga Príncipe de Asturias, que dixo del que estaba “creando líderes do futuro, animándoos a tomar as rendas para emprender accións e cambiar actitudes nas súas sociedades”.
Que distingue a Bona? É sinxelo descubrilo lendo ‘La nueva educación’ (Plaza & Janés), o libro no que expón os seus achados de maneira case biográfica: é un profesor entusiasta que desfruta dos retos, que adora os nenos e que, en lugar de teorizar sen fin sobre o que se debería facer, se puxo a facelo. Nos seus proxectos conseguiu levar a cabo todo aquilo que moitos preguntan sobre o papel: que nenos analfabetos se sintan interesados poa lectura, que os seus alumnos impulsasen unha protectora de animais virtual que chegou a ámbito internacional (Children for Animals) o que rodasen unha curtametraxe premiada nun festival de cine da India.
“Os profesores debemos ofrecer cada día a nosa mellor versión, escoitar os nenos e saber de que están feitos para tirar o mellor deles”, explica Bona a El Confidencial. E aínda que non esquece que o sistema tamén debe axudar, tampouco lle serve que o profesor se parapete detrás diso para non se esforzar e seguir a aprender. Pero deixémonos de palabras e vexamos que se pode facer.
Nenos problemáticos? O mellor reto
A historia de César arranca no seu ano de prácticas en 4º de Primaria do colexio zaragozano Fernando O Católico. “César, tocouche a peor clase”, foi o seu recibimento o primero día. A clase estaba formada por 24 nenos, 20 deles de etnia gitana, unha nena rumana, outra de Marrocos e unha nena de Gambia. O absentismo era moi alto e os que ían a clase tampouco parecían moi interesados. “Un día cheguei e díxenlles ‘son mestre, vouvos ensinar lingua, inglés, etc., pero vós tamén ides ensinarme a min’. Iso é o que marca a diferenza, que se sentiran implicados ao ver que tamén podían ensinar o mestre”, explica Bona.
Meu dito meu feito. Javi, o líder da clase, comezou a ensinarlle a César a tocar o caixón flamenco, algo que chamou a atención dos seus compañeiros, que comezaron a acudir de forma habitual: “Eles viron que podían sacar algo de sí mesmos e dárllelo aos demais”. Pero había outro problema, e é que moitos, con nove e dez anos, non sabían ler. Así que César preparou unha pequena obra de teatro que estimulase a súa curiosidade. Juan, por exemplo, tivo un papel máis curto porque non sabía ler, e outros nenos más acostumados á lectura interpretaron papeis máis longos, ao mesmo tempo que axudaban o resto dos seus compañeiros.
Non poden vivir nunha burbulla onde só metamos datos, senón que debemos convidar eses nenos a que participen activamente
“Eles non estaban acostumados a pasar horas sentados, así que na metade de Lingua ou Matemáticas gritaba ‘acto tres!’, representábano, aplaudiamos todos e voltabamos a clase”, lembra o profesor. Este mesmo ano Javi convidou a César a unha festa na súa casa con todos os seus compañeiros, xa adolescentes, e o propio César convidouno a tocar durante unha charla na facultade de educación de Zaragoza. “Se algunha vez tedes que dar clase nun colegio deste tipo tedes dúas opcións: unha, coller unha depresión; ou dúas, ver e analizar o que a xente chama ‘problemas’ e miralos como ‘retos’ e buscar que vos poden ensinar a vós e que podedes sacar de positivo de alí”, foi o que lle contou César aos seus compañeiros nesa charla.
Os nenos que ensinaron aos seus pais a levarse ben
O primer destino definitivo de César foi Bureta, unha vila de 269 habitantes cunha escola unitaria, na que convivían seis nenos de cinco idades entre os catro e os doce anos. Ademais, moitos deles non se levaban ben entre sí, porque os seus pais tampouco o facían. A solución que ideou César foi rodar unha curtometraxe muda que implicase non só os nenos, senón tamén os seus propios pais, que debían arrimar o ombro para que o proxecto chegase a bo porto. A pesar das reservas dalgúns compañeiros, César chegou ata o final e logrou estrear a película na praza da vila, diante de 400 persoas, entre veciños e xente das vilas cercanas, así como o inspector. “Como podería perderme unha cousa así tendo visto a ilusión dos nenos e tamén a túa?”, foi o que este lle dixo o día da estrea.
Eu non falo de innovación, senón de sentido común, de aplicar as cousas que me terían gustado de neno
A curtometraxe levou o premio CreArte do Ministerio de Cultura polo estímulo da creatividade, dotado con 20.000 euros, e outro premio no Festival Internacional da India de Cine para Nenos. “É clave que os nenos vexan que a súa contribución é importante para que adquiran un compromiso social, e aí é cara onde debería tender a escola se queremos unha sociedade mellor”, explica o profesor. “Os mestres temos a posibilidade de tentar cambiar para mellor as cousas”. Aquí pode verse:
Os nenos activistas de Muel
Seguinte parada no camiño: 4º de primaria, Muel, un municipio zaragozano de 1.400 habitantes. Nesta ocasión, rapaces moi aplicados. A chegada do circo á vila deu a César unha boa idea: por que non investigar sobre o funcionamento dos circos? Así o fixeron e, co paso dos días, os estudantes déronse conta de que algo non marchaba ben. Ese foi o xerme da protectora de animais virtual El Cuarto Hocico, que levou os nenos a mobilizarse co resto do colexio, o alcalde e a enviar unha carta ao rei (que era invitado a buscar outras alternativas de ocio á caza) para evitar que os animais sufriran. En definitiva, aprenderan cos seus propios medios unha triste realidade social.
“Non poden vivir nunha burbulla na que o único que fagamos é meter datos, senón que debemos convidar eses nenos e adolescentes a que saian e participen nesa sociedad”, explica Bona. “Calquera cousa que se lles ensine debería servir na sociedade real”. O proxecto foi premiado por Jane Goodall e deu lugar a unha protectora de carácter internacional, Children for Animals.
A aula do futuro, en Zaragoza
A última experiencia de César tivo lugar no 5ºB do colexio Puerta de Sancho en Zaragoza, que o profesor lembra coa seguinte frase: “O que vivimos xuntos fará que, por moitos anos que pasen, peche os ollos e sigan estando aí, sen crecer, sempre co sorriso na cara e expectantes por comprobar que lles ofrecía o novo día”. Lembran a proposta dos xesuitas e dos colexios finlandeses de cambiar por completo a aula? César levouno a cabo dividindo a clase en cincos continentes que debían traballar pola súa conta, pero tamén ensinar uns a outros a través dos traballos por proxectos. Espontaneamente, os alumnos escribiron a historia deses mundos (con nomes como Mundo Viejuno ou Tierras Medias de Rancia) e repartíronse os cargos, como o da historiadora, que se encarga de anotar todas as cosas graciosas que ocorren na clase, a encargada da lista branca de altruistas, que pon de acordo os alumnos que necesitan axuda e os que poden axudalos ou o líder dos sublevados, que recolle todas as queixas e suxestións dos alumnos.
Os nenos viven a vida con moita máis alegría, pero pómoslles regras constantemente que coartan esa sensación de vivir todo con ilusión
“Eu non falo de innovación, senón de sentido común, de aplicar as cousas que me terían gustado de neno”, resume Bona. “Trátase de dar aos nenos a posibilidade de traballaren en equipo, de que se sintan implicados na clase, que sintan que teñen un papel nesa microsociedade que é a aula. Que se sintan máis protagonistas”. En definitiva, en levar a cabo na Primaria todo aquilo co que tantos pedagogos e teóricos soñaran durante anos.
As chaves da nova educación
Bona teno claro: se queremos que a sociedade cambie, isto debe comezar pola escola e involucrar a todos, incluídos pais, mestres e alumnos. O profesor cre que se están a facer moitas cousas interesantes en España –actualmente está colaborando con Aldeas Infantiles e viaxando por toda España para aprender novas experiencias e dálas a coñecer– e que, sobre todo, “trátase dun movemento cara o positivo”. Xa non é momento de queixas, hai que lanzarse á acción”.
Nun capítulo do libro, César expón que debe facer un bo mestre: convidar ao compromiso social dos alumnos, estimular o respecto ao medio, ter autocoñecemento, estimular cada día a creatividade e a curiosidade, aprender a xestionar as súas emocións, contaxiar actitude e entusiasmo, traballar cos pais, nenos, nais e administracións locais, ter a mente aberta… e ser consciente de que vive nun mundo de nenos. “Un mestre non debe ser unha persoa caracterizada pola súa seriedade, porque o neno vive nun mundo que ás veces é absurdo ou surrealista, e o mestre debe ser consciente de que el é o seu modelo”, engade.
Perante as reservas que moitos colegas, superiores e nenos ían manifestar cos seus métodos, Bona recomenda perseverancia e ser conscientes de que o que se fai é polo ben dos nenos: “É un reto convencer de que as clases se poden facer doutra maneira, especialmente aos pais, como cando traballabamos por proxectos e non seguiamos o libro”. Pero tamén é certo que a sociedade na que vivimos é moi diferente á que existía hai unhas décadas, e que iso obriga a que as empresas pidan novas habilidades como a creatividade, moitas veces sofocadas polas ansias dos pais que se traducen en inacabables clases extraescolares. “Deben poder mirar arredor, imaxinar, sentirse creativos e que esa curiosidade innata sexa o motor que os mova. Se enchemos a súa tarde de extraescolares non teñen tempo para ser nenos”.
É un reto convencer de que as clases se poden facer doutra maneira, especialmente aos pais, cando non segues o libro e traballas por proxectos.
Ao mesmo tempo, os adultos poden aprender moito dos seus fillos: “Viven a vida con moita máis alegría, pero pómoslles regras constantemente que coartan esa sensación de vivir todo con ilusión. Se os observamos, dámonos conta de que son seres incriblemente creativos, que nos poden ensinar a ver a vida de forma orixinal”. Durante este ano, que Bona colleu de excedencia, pensa viaxar por toda España e colaborar co Gobierno de Aragón para estimular a innovación, o compromiso social e a expresión oral. Nos colexios españois están a acontecer moitas cousas. Só fai falta alguén que, coma el, nolas dea a coñecer.
Traducción de Montserrat Rodríguez Álvarez.