Tui | Nun sinxelo acto de constitución, a nova corporación da Entidade Local Menor de Pazos de Reis quedou constituida este mediodía con Óscar Méndez coma novo presidente electo.
Tamén xuraron o cargo os catro vogais que integrarán este novo mandato da Entidade Local Menor de Pazos de Reis: Vanesa González, Tomás Camacho, Olga Méndez e José González.
Logo da comprobación das credenciais de todos os integrantes, Óscar Mendez, candidato do PSdeG-PSOE, xurou o cargo de novo presidente da entidade local menor tudense, relevando así no cargo a Enrique Pérez.
Acompañando ao novo presidente da entidade local estivo Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, xunto a membros da nova corporación municipal.