Os militares e Forzas de Seguridade leais á II República foron minoría, pero suficientes para deixar semente.. A lealdade non debe ser algo que cegamente se lle otorga ao que manda. Se non a merece, se non cumpre coas súas obrigas, se non é xusto, se nos oprime e non respecta os nosos dereitos, retíraselle. A lealdade suprema -tal como o vexo eu- debe ser sempre para o pobo e para nosa conciencia. E no caso d@s galeg@s, para Galiza: a nosa patria natural asoballada e espoliada. Como dicía Castelao: “Galiza deixará de loitar pola súa liberdade cando a conquira”. E como dicía o poema de Cabanillas: “nunha man a fouce e noutra man a oliva”. Galiza ten ami@s e amigach@s. Os amig@s son @s que respectan a nosa lingua, a nosa cultura e os nosos dereitos individuais e colectivos. E @s amigach@s son os que dan patacós e esperan ouro a cambio. Eu prefiro os meus dereitos, os de Galiza, amig@s e aliad@s a cultivar certas “amizades”.
María Victoria Moreno, a quen a RAG lle adica o día das Letras Galegas deste ano, veu de Extremadura a Galiza en plena Ditadura, deprendeu o galego, deu clases en galego e escribiu en galego. E honrámola como se merece. Podería citar a moita máis xente de renome e tamén coñezo persoalmente xente anónima así. Tod@s son acollidos e querid@s aínda que o noso recoñecemento sexa sinxelo ou peupérrimo. No meu traballo houbo xente de fóra de Galiza que nunca me puxo pegas por falar ou escribir en galego ou exercer os meus dereitos, uns poucos e a Administración si; aínda que o fan a traición e sen recoñecer o verdadeiro motivo das súas anómalas reaccións. Hespaña é unha experta en represalias e ataques preventivos, leva atacando Galiza/Galicia “preventivamente” anos e anos. Só vos digo unha cousa: cada un recolle o que sementa. E digo “Hespaña”, a sabendas de que non tod@s @s españois son iguais, porque os que o fan, fano desde todos os poderes do Estado e con total impunidade e amparo legal.