O Covelo | Dentro da programación “Verán Cultural” do Concello de Covelo, este venres día 7 a praza Mestre Cerviño acollerá unha actividade de contacontos.
Baixo o título “Areíñas na pel”, esta actividade de lecer ofrecida por Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia é un espectáculo de narración oral, corpo en movemento e improvisación dirixida á infancia e ás familias.
A partir das 20:30 horas coñeceremos a historia da pequena Uxía a través da música de piano e de cancións que nos farán explorar os sentidos.
Esta actividade participativa pretende involucrar aos cativos e cativas de Covelo converténdoos en protagonistas.