Contos de Nadal e Diario de Eugene, dous libros e un cento de poetas

No Liceo de Ourense xuntáronse chegados de Portugal, Asturias, Brasil e Galicia


Ourense | Artistas, escritores, músicos, poetas e ilustradores de Portugal, Asturias, Brasil e Galicia xuntaronse no Liceo de Ourense, para rendir homenaxe á palabra, á amizade, á fraternidade, ao nadal e á lingua que, con distintas variantes, nos xungue nunha cultura común e diversa.

Coma un adianto do Nacemento ve por primeira vez a luz, o libro colectivo Contos de Natal, unha obra organizada e dirixida pola escritora portuguesa e activista cultural Graça Amiguinho, que recolle traballos de 39 autores, cargados de grande sensibilidade e dunha singular calidade literaria. O libro editado en Ourense, por Andromena Senlleira, conta tamén coas achegas de moitos autores do Movemento Cultural Nós, a Xente do Redor e está a venta na sede da editorial en Orixe Publicidade e Comunicación, na Rúa Francisco de Moure 20, no Couto e na plataforma Amazón.

Na mesma xuntanza presentouse a novela O Diario de Eugene de Graça Foles Amiguiño, editada tamén por Andromena Senlleira, con unha interpretación teatral da polifacética artista ourensán, Marina Sánchez, que deu vida a algús dos pasaxes da vida da protagonista (Eugene). Na dramatización, estivo acompañada polos poetas Armando González, Benito Eladio Rodríguez e Avelino Jácome.

O Diario de Eugene é unha novela actual ambientada nestes tempos de guerra e sofrimento, na Ucraína pero podía ser en calqueira outra. En palabras de Avelino Jácome, encargado da edición, tratase de: “Unha historia de amor entre os dentes da besta da guerra. Unha historia de amor nun filme que acontece na mente do lector. Unha historia da guerra que achega as vellas pantasmas. Unha historia de amor na guerra onde vence a forza do amor.”

E a forza do amor neste caso pola cultura tamén venceu moitos atrancos, para poder traer a Ourense este cento de artista , que dende a música, a cultura e a poesía, están convencidos de que a amizade e a solidaridade entre os homes non deberían ter fronteiras

O acto rematou cunha cea nas instalacións do Liceo onde a festa da palabra xuntouse coas cantigas e cos petiscos, cos sorrisos e os abrazos, nunha oda a unión entre os pobos.