1.- O Goberno de Bolsonaro animou a incendiar a Amazonia, danando o fogar dun millón de indíxenas.
2.- Intentou tirar a FUNAI (Fundación Nacional do Indio) do Ministerio de Justiça e quere integrala no Ministerio de Agricultura.
3.- Con varios decretos do seu Goberno fixo máis difícil a protección dos indíxenas.
“Bolsonaro ten unha retórica racista que anima aos invasores a atacar e roubar as terras indíxenas”
4.- Bolsonaro ten unha retórica racista que anima aos invasores a atacar e roubar as terras indíxenas.
5.- Algunha secta relixiosa cristiana tolerada polo Goberno anima aos indíxenas a non vacinarse contra o coronavirus. Survival Internacional denuncia todo isto que resumo aquí e os propios indíxenas levan tempo mobilizándose, intentando denunciar internacionalmente este xenocidio contra os pobos indíxenas perpetrado polo Goberno de Bolsonaro.
Os indíxenas defenden a selva da deforestación e o equilibrio natural e loitan contra vento e marea pola pervivencia das súas culturas e do seu estilo de vida. Para moita/os deles xa é demasiado tarde e sofren a marxinalidade e o desarraigo; porén tamén loitan polos seus dereitos polas súas vidas e teñen protagonizado manifestacións multitudinarias e acudido a organismos internacionais, pedindo xustiza.