A Coruña | A Asociacion de Amigos do Instituto de Monelos convoca o 17º concurso de fotografia Xurxo Lobato 2022. A asociacion chama a participar ao alumnado Bacharelato, Formación Profesional e ESO de Galicia.
Nado nun instituto público de referencia na cidade da Coruña, o de Monelos, este certame consolídase cun perfil propio, especializado en fomentar a fotografía entre os alumnos de ensinanzas medias, escolas de Artes, Formación Profesional en Galicia.
Quere contribuír ao desenvolvemento da linguaxe fotográfica na nosa comunidade autónoma e fomentar a “canteira” de novos valores que opten pola fotografía como linguaxe de creación.
O tema e libre. Poden presentarse en B/N ou cor. Máximo 3 fotos por participante. Deben ser enviadas por correo electrónico, en formato dixital. antes do 15 de Marzo de 2021, a amigos.monelos@gmail.com.
Engadir DNI, idade, telefono, enderezo, centro de estudo, cidade e curso. Cada obra levara un titulo.
O xurado estará formado por cinco expertos en arte e fotografía.
Os premios son:
1º premio 250€ e e diploma, 2º 150€ e diploma, 3º premio 100€ e diploma. E os accésits que considere o xurado.
Coas fotos premiadas e seleccionadas fárase una exposición itinerante.
Este concurso conta coa colaboración de GADIS e Concello da Coruña.