A Guarda | Correos presentou hoxe no Salón de Plenos do Concello da Guarda o selo dedicado ao Monte Santa Trega, da serie filatélica Natureza. Ao acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez.
Correos puxo en circulación este selo ao considerar o Monte Santa Trega un referente polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos. Nesta emisión, Correos quere destacar que Santa Trega ofrece unha imaxe que queda gravada en todo aquel que o visita.
De feito, o selo recolle un primeiro plano dunha das construcións do castro e de fondo as vistas que se poden admirar desde o monte. Ten un valor facial de 2’70 euros e conta cunha tirada de 135.000 exemplares. Ficha técnica: •
Data de emisión: 21/04/2022 • Soporte: Estucado, engomado, fosforescente Impresión: Offset
Tamaño: 74,6 x 28,8 mm
Efectos en prego: 15 selos
Valor postal: 2’70
Tirada: 135.000
Máis selos dedicados á provincia de Pontevedra O selo presentado na Guarda súmase á relación de selos que Correos dedicou a diversos motivos da provincia. Hoxe mesmo presentouse na capital pontevedresa o selo da serie filatélica 12 meses dedicado á provincia.
Cun valor de 0´75 euros, o selo recolle a imaxe do claustro da Catedral de Tui, acompañada da iniciais ‘PO’. Entre as 28 emisións realizadas, sumando estas dúas, están as que en 1965 rendían homenaxe ao Pazo de Fefiñáns de Cambados, a da ponte de Rande de 1981, ou en 2002 a Denominación de Orixe Rías Baixas ou o cruceiro de Ou Hío.
Acerca de Correos:
CORREOS nace hai máis de 300 anos e, tras unha continua adaptación ao mercado, hoxe é o operador líder do sector en España. Actualmente, a estratexia da compañía está centrada na internacionalización, a sustentabilidade e a transformación dixital.
Con preto de 51.000 profesionais, a empresa presta servizo á cidadanía a través da súa rede de 2.370 oficinas, distribuíndo preto de 7,5 millóns de envíos diarios.
O Grupo Correos conta con 3 filiais: Correos Express dedicada á paquetería urxente, Nexea especializada en solucións multicanle para as comunicacións masivas das empresas e Correos Telecom encargada da xestión e comercialización de infraestruturas de telecomunicación. Pertencente ao Grupo SEPI, forma parte dun holding empresarial que abarca un total de 15 empresas públicas.
Amelia Tiganus presentou o seu libro
O Concello da Guarda programou este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que incluiron as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.
Na xornada deste mércores día 27 de abril o Salón de actos do IES A Sangriña da Guarda acolleu unha charla a cargo de Amelia Tiganus, que contou coa asistencia de Fátima Rodríguez, Concelleira de Igualdade e que estivo dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña.
Mañá xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro” La revuelta de las Putas”.
Esta actividade no Centro Cultural da Guarda require dunha inscrición previa en https://www.eventbrite.es/e/entradas-relatorio-amelia-tiganus-324040131757?aff=ebdsoporgprofile
Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.
Publicou varios artigos, un comic titulado “ Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar ‘La revuelta de las putas’ e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.
Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa Salvados – Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta – onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos “ Hora 25” entre moitas outras intervencións públicas.
Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».
Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría “Superación”. Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas.