Cosmética artesanal e cociña en grupo este venres e sábado na Feira Vella! A Mocidade está viva!

Ponteareas | A mocidade volve ter unha cita con actividades deseñadas por e para eles este venres e este sábado no parque da Feira Vella, así o explica o concelleiro de Mocidade Miguel Bouzó quen os/as convida a participar no obradoiro de elaboración de cosmética artesanal o venres día 14 ás 21 horas. O sábado día 15, tamén ás 21 horas, obradoiro “Cociñando Xuntos”. Diversión sana e saudábel cada semana coas suxestións de Mocidade Viva. Se tes doce anos ou máis e estás interesado/a debes inscribirte no enderezo electrónico omix@ponteareas.gal.