Sober | A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, asisitiron á sinatura do protocolo de creación da Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Naúticos Sostibles de España, onde destacou a importancia do turismo náutico para a nosa comunidade.
Nava Castro destacou que a importancia de pór en marcha este tipo de proxectos e a importancia de ampliar cada vez máis os cruceiros costeiros e fluviais, tendo en conta tamén os destinos náuticos sostibles.
“A día de hoxe, o que demandan os turistas son destinos en contacto coa natureza, sen aglomeracións e sostibles, algo que se atopa sen dúbida no turismo náutico. Por este motivo, dende Galicia celebramos o nacemento desta Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España que se implantará en dez comunidades autónomas entre as que estamos incluidos”, precisou Nava Castro.
O proxecto da Rede de Cruceiros Costeiros e Fluviais dos Destinos Náuticos Sostibles de España implantarase en nove comunidades autónomas: Galicia, Estremadura, Castela e León, Aragón, País Vasco, Cataluña, Andalucía, Canarias, Baleares; e Ceuta, e será liderado pola Asociación Galega de Actividades Náuticas (AGAN+) que leva desde 2016 desenvolvendo o concepto de cruceiros costeiros grazas a varios proxectos europeos de cooperación transfronteiriza con Portugal (POCTEP) e o Interreg Espazo Atlántico con Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal.