A Veiga | O Concello de A Veiga celebrou a III Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca. Luís Menor Pérez, presidente da Deputación de Ourense, recoñeceu o orgullo que debe sentir un alcalde cando, como no caso desta feira, “reivindícase a singularidade dun territorio como A Veiga, singularidade esencial para comprender o xeito de vida nestas terras”, falando expresamente da montaña e da gandería.
Advertiu que un pobo sen memoria “vai camiño de perder a súa identidade”, polo que abogou por celebracións como esta para manter vivos os costumes, a cultura artesanal e de oficios tradicionais “dos que aquí tendes moitos e variados exemplos”.
Neste sentido, Menor ratificou o apoio da Deputación a canta iniciativa teña como principal obxectivo “manter vivos os nosos xeitos de vivir”.
En Crianza Trevinca participaron tamén pequenos produtores e artesáns. Houbo unha exposición de carros, apeiros de labranza e xugos. Ademais doutras actuacións musicais, a Real Banda da Deputación de Ourense participou na exposición agrogandeira da Veiga.