Curso de defensa persoal para mulleres en Salvaterra

A impartirse o 19 e o 20 de xuño na casa da cultura

Salvaterra de Miño | No día de hoxe e ata o 16 de xuño, ábrese o prazo para a inscrición para unha das nosas accións en pro da igualdade e dentro das iniciativas enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de Xénero a través do Ministerio de Igualdade, que é un Obradoiro de “Defensa Persoal”.

Este Obradoiro impartirase o 19 e o 20 de xuño na casa da cultura de Salvaterra de Miño. Poderá anotarse calquera muller do Concello nesta dirección animacion@concellodesalvaterra.com. As admisións serán por orde de chegada e ata un máximo de 25 persoas.

A finalidade destas accións, ademáis das inherentes ao obxecto propio das mesmas, é que se pretenden sirvan asimesmo como un espacio de encontro así como creación de rede social para as participantes.

Do desenvolvemento desta acción pode ser xurdan novas ideas e iniciativas co obxectivo de continuar a previr, concienciar e sensibilizar á poboación e promocionar a Igualdade.

Esta acción é unha continuación da liña de traballo que vén seguindo este Concello a través doutras campañas e accións de sensibilización e difusión para loitar contra a violencia de xénero, como o concurso de slogans e campañas de prevención que levan moitas edicións xa.

Consideramos necesario facer fincapé na importancia de seguir traballando por unha sociedade máis xusta e igualitaria, un reto no que debemos estar unidos todas as administracións e a poboación en xeral, sendo entre outros éste, o obxectivo final destas accións”.