Curso Internacional de Especialidade en “Rendabilidade Empresarial da RSC/E”

As Universidades de Minho, Porto (Porto Business School), Santiago de Compostela e Trás-os-Montes e Alto Douro, e a Cátedra Internacional RSC Santander Galicia-Norte de Portugal lanzan o primeiro Curso de Especialista Conxunto.

Esta formación conxunta de posgrao, titulada Curso Internacional de Especialista en: “Rendibilidade Empresarial da RSC/E”, reúne a profesorado especialista en Responsabilidade Social Corporativa da Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, participantes no desenvolvemento do curso, así como a directivos de grandes multinacionais e directivos das principais entidades do sector bancario, que exporán como desenvolven a RSC nas súas entidades. Tamén contará con representantes políticos dos ámbitos da empresa, a industria e a Administración de Galicia e Portugal.

“Aberto o prazo de matrícula do Curso Internacional de Especialidade en “Rendabilidade Empresarial da RSC/E” da Cátedra Internacional de RSC da eurorexión Galicia-Norte de Portugal, Fundacion CEER”

Detectado o crecente interese e a demanda de coñecemento por parte das empresas pequenas, medianas e grandes, a Fundación CEER e as Universidades da Eurorrexión, promoven e pon en funcionamento este curso dirixido a empresarios e profesionais interesados en informarse e especializarse nesta materia. Ademais, a partir do 2017, a entrada en vigor das normativas europeas fará necesario que moitas empresas apliquen nas súas estratexias empresariais as metodoloxías, procedementos e procesos de RS, polo que o interese do curso é de máxima actualidade.

O curso abordará a RSC/E desde todos os ámbitos do seu desenvolvemento; a sustentabilidade ambiental das organizacións, a comunicación empresarial e a creación da reputación corporativa, a normativa que deben aplicar as empresas, o deseño e implantación de plans estratéxicos de RS, a xestión operativa da empresa ética dos negocios, a xestión estratéxica da Responsabilidade Social Corporativa/Empresarial e a Internacionalización da RSC/E.

O inicio do curso será o 7 de abril e se estenderá ata o 30 de setembro. Co fin de permitir a compatibilización coa xornada laboral, as clases serán semipresenciais: distribuiranse en clases en liña e clases presenciais con aulas no campus universitario de Santiago de Compostela e a Porto Business School.

O prazo para realizar a matrícula permanecerá aberto ata o próximo 24 de marzo, e terá un límite de 25 prazas. Podedes realizar a vosa preinscrición e solicitar máis información na dirección: direccion@fceer.org. Tamén contactar cos servizos de matriculación das universidades. (Enderezos no documento adxunto)