Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra retoma os cursos de natación na piscina municipal coa colaboración da Asociación Deportiva Salvaterra.
Os cursos impartiranse todo o mes de xullo e agosto de martes a venres, en horario de mañá, en diferentes franxas horarias dependendo da idade:
10h-11h, nados entre 2007/2015 , 11h-12h, nados entre 2007/2015,
12h-13h, nados entre 2016/2019, 13h-14h, nados entre 2016/2019, 14h-15h, nados antes de 2006 (grupo adulto).
O prazo de inscrición é desde o 9 ao 23 de xuño, cubrindo a inscrición e enviala ao correo adasalvaterra@yahoo.es,
Xustificante de pago ata o 28 de xuño e agosto ata o 27 de xullo hai prazas limitadas, e adxudicaranse por orde de solicitude. Para + Info: 663749634/ 656261542.