Ponteareas | A concellería de Comercio, Hostalaría e Consumo, que dirixe Inés Vidal, informa a todos os e as comerciantes, hostaleiros, empresarios e emprendedores de Ponteareas que se abre o prazo de inscrición para os cursos de formación que se ofrecerán totalmente de balde ao longo do mes de abril e maio.
Baixo o nome “Caixa de Ferramentas”, Inés Vidal ofrece cursos prácticos e necesarios para o desempeño do traballo diario dirixidos a empresas, profesionais e autónomos que permitan profesionalizar estes sectores. Os participantes poderán asistir a todos os cursos ou somentes aos que decidan.
Co obxectivo de apoiar ao comercio, empresario e hostaleiro local e de facelos máis competitivos, o vindeiro luns día 29 de abril haberá un curso intensivo de catro horas de “Enxeñería ilusionista” a cargo do enxeñeiro José María Maroto da Universidade Pontificia de Comiñas. Neste curso definiránse dous ou tres obxectivos concretos imposibles e deseñaránse estratexias viables para acadalos.
O 6 de maio José María de la Torre Maroto baixo o título “A mellor ferramenta para vender” ofrecerá un curso de 16:30 a 20:30 horas con exemplos prácticos de consecución de obxectivos e traballo grupal.
O 24 e 31 de maio Patricia Maquieira asesora de imaxe comercial impartirá o curso “Maxia para vender” de 20 a 22:30 horas con contidos como fidelización de clientes, planificación de marqueting, posicionamento de marca, formación de persoal, coordinación de actividades no punto de venta ou o redeseño do establecemento entre outras temas.
O 27 de maio o avogado Alberto Viejo Puga falará da nova lei de protección de datos de 19:30 a 21:30 horas deixando claro as obrigas cunha metodoloxía práctica moi amena e útil.
Xerar ideas, acadar obxectivos, promover o comercio ou incentivar as vendas son algúns dos propósitos destes cursos nos que os e as interesadas poden inscribirse dende hoxe no número de teléfono 682 82 46 05 en horario de 9 a 14 horas.
Organizado e financiado pola concellería de Comercio en colaboración con Banastra que será a encargada da recoller a inscrición, estes cursos serán intensivos impartidos nunha soa tarde para que os asistentes tan só teñan que dispor de media xornada laboral para a súa formación.
“A intención é dotalos de recursos para incrementar as vendas e ofrecer máis calidade aínda no servizo. Para facilitarlles a súa formación os cursos desenvólvense na súa vila de xeito que non teñan que invertir tempo en desprazamentos. Dispor de formación ao pé do seu negocio é imprescindible para ocasionar o menor trastorno no seu día a día”, engade a concelleira Inés Vidal.
Os talleres impartiránse para vinte alumnos/as e inclúen o material necesario para o seu correcto desenvolvemento, ademais do diploma acreditativo.
Os obradoiros desenvolveránse no auditorio municipal Reveriano Soutullo, na sala multiusos.