Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar os cursos para persoas maiores de 65 anos que se desenvolverán durante os próximos meses. Despois do éxito do pasado curso retómase esta iniciativa de carácter gratuíto con actividades que promoven o envellecemento activo da poboación e que están enfocadas no aprendizaxe sen esquecer o importante que é a socialización.
Os cursos están dirixidos a aquelas persoas que teñan máis de 65 anos empadroadas en Salvaterra de Miño e darán comezo a segunda quincena de outubro remantando a mediados do mes de xuño.
As persoas interesadas poderán optar os seguintes cursos: Memoria os xoves de 10:00 a 11:00 ou de 11:00 a 12:00 na Biblioteca Municipal de Salvaterra, Pintura os martes de 16:00 a 17:30 na Casa do Maior de Leirado, Ximnasia os luns de 10:00 a 11:00 no Centro Cultural de Leirado e Pilates os mércores de 10:00 a 11:00 no Centro Cultural de Leirado.
As inscricións darán comezo o luns 25 de setembro e rematan o 9 de outubro. As prazas son limitadas polo que as persoas maiores de 65 interesadas deberán realizar a inscrición no correo comunicacion@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 629 770 177.