Vigo/CxG | Neste sentido o secretario local dos galeguistas en Vigo, Xoán Antonio Cortés, apuntou que o servizo de pasaxeiros entre Vigo-Lugo ten unha grande demanda, ainda e todo a escasa calidade do servizo prestado, xa que non son poucas as familias e as persoas que teñen que usar as conexións entre ambas localidades Tanto para as familias que teñen fillos universitarios nalgunha das duas cidades, como para as persoas traballadoras, estamos ante un problema de alcance real que finalmente perxudica ao benestar e á calidade de vida das gentes afectadas.
Compromiso por Galicia pregunta de que vale gastar millóns de euros en subvencionar voos a Europa nos tres aeroportos galegos, se non temos conexión coas cidades da nosa propia comunidade e as da nosa contorna.
Neste sentido, apuntan á política de subvencións públicas, tanto da Xunta como do Concello de Vigo, para as liñas de voos nos aeroportos galegos e a falta destas políticas para un transporte de cercanias e de conexións entre os principiais núcleos urbanos da contorna. Neste mesmo sentido de denuncia apuntan desde CxG que seguen pendentes inversións na conexión Ourense-Lugo, Ourense-Ponferrada ou na Lugo-Santiago por estrada e a continuación en Alta Velocidade ata Porto da liña do tren Celta.
O partido galeguista reclama a continuación a Porto, como prioritaria para vertebrar o eixo atlántico e buscar unha conexión co “corredor Atlántico” de mercadorias deseñado pola UE.
Neste mesmo comunicado, Xoan Antonio Cortés, lamenta profundamente a ineficacia política que teñen amosado os eurodeputados galegos en Bruxelas, que non souberon incluir dentro da rede europea de mercadorias unha saida para a producción galega, asi mesmo como a predisposición que os mesmos mantiveron a dar unha saída a través de Valladolid para o eixo de Lisboa a Porto e que deixou fora ao eixo Vigo-A Coruña.