Salvaterra de Miño | Este 4 de setembro dan comezo as obras de humanización da Fortaleza de Salvaterra de Miño dentro dun proxecto de cooperación entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Salvaterra de Miño.
Serán máis de 600.000 euros para executar as obras que se inclúen dentro do proxecto de rehabilitación da Fortaleza.
Nas obras se acondicionará o ámbito das rúas mediante a pavimentación de lousas de pedra, a canalización subterránea das infraestruturas e o alumeado público. Ademais levarase a cabo no entorno da Praza da Oliva a substitución do actual asfalto por un pavimento de terra.
Con todas estas actuacións preténdese mellorar a calidade ambiental do recinto, revitalizando o seu uso residencial, e plantaranse 3 olivos que seguirán a antiga trama das edificacións preexistentes e mellorarase un entorno que a día de hoxe é un dos atractivos turísticos de Salvaterra de Miño.