No pasado século os escritores de cando en vez comezaban os seus escritos anunciándonos que se atopaban diante dun folio en branco sen saber como enchelo. Na actualidade non podemos falar de folio pero sí dunha pantalla de ordenador que resulta bastante maior que un folio e impresiona saber que hai que enchela ou polo menos ocupala en parte.
Isto é o que me ocorre a mín nestes momentos. Son tantas as cousas das que podería escribir que non sei por onde comenzar.
Podemos falar de política actual que temos para dar e tomar. Podemos falar da situación económica dos máis desfavorecidos e “idem de lienzo”. Poderíamos falar da sarta de mentiras coas que almorzamos cada mañá cando abrimos un xornal na cafetería de costume. Non digamos xa o esperpento destes días en que un candidato a presidir o futuro goberno lle “mendiga” a outro que o deixe gobernar un par de anos; como se foran dous críos que se disputan un xoguete. En fin,…
Como poden observar e como diría o chiste popular “estamos arrodeados” sen saber realmente quen vai manexar a nosa barca ou quen pretende levala á deriva.
Vimos de soportar unha longa, longuísima campaña electoral porque os nosos políticos engancharon unha campaña noutra seguramente para comprobar se na primeira foramos honestos co noso voto porque as contas non lle daban. Votamos de novo e puxémoslle nas máns unha patata tan quente que nestes momentos non saben que facer con ela. Uns di que gañaron pero non pode gobernar, por iso non teñen empacho de pasar dende “hai que rematar co ‘sanchismo” que leva España ao desastre de Filipinas a “mendigarlle ao sanchismo” un par de anos para gobernar.
“Vimos de soportar unha longa, longuísima campaña electoral porque os nosos políticos engancharon unha campaña noutra seguramente para comprobar se na primeira foramos honestos co noso voto porque as contas non lle daban”
Chegaran tan cheos de soberbia que ían arrasar. Agora suplican “un goberno, por favor”. Claro que non tiveron sorte. Os idus de agosto non estaban polo labor.
Nesta situación estamos. O vindeiro día 26 do mes que andamos imos asistir ao primeiro esperpento: un candidato que sabe non vai gañar pero que aproveita a ocasión para lembrarlle aos votantes que se equivocaron. El era o máis guapo e deberan darlle os votos suficientes para que o día 27 saboreara as meles do trunfo.
Aquí remata o primeiro acto. En outubro volveremos asistir a outro intento de consagrarse de novo como presidente do País. Claro que ata ese momento tampouco o vai ter doado. Terá que saír co saco as costas, como facian nos tempos da fame, da outra fama, as chamadas pericas solicitando unha codia de pen de millo aos veciños para logo amolecer con auga e dárllela aos seus retoños. Se os dous intentos non foran suficientes voltaríamos a coller os xa familiares papeliños e meteríamolos de novo nas urnas. Ou nos chamen de novo ás urnas.
Parece un divertimento se non fora polos custes abraiantes de todo este proceso. Non tereremos orzamentos de 2024 ata quen sabe cando; proxectos de lei importantes para a cidadanía seguirán no caixon dos recordos de Karina; estamos sen médicos, en xeral, e todos se botan as culpas ao veciño e a casa sen barrer. A inflación come cada día mais o pouco aumento de soldos do pasado ano. Os fondos buitres fan os seus mellores negocios, en fin…. nós aquí esperando a un Godot que non chega.
Teñan paciencia. Non se poñan nerviosos porque os centros médicos están a tope; poden pasar semanas para que lles atendan, non importa o que sufran. Todo isto diante dunha pantalla en branco. Non tenten ocupala porque mañá seguro que xa temos novos temas en que pensar. Isto é un “vivo sen vivir en mín” que dixera Santa Teresa. Claro que a Santa dinos que esperaba unha alta vida; pero nós, que podemos esperar?
Saúdos e ata a próxima entrega.