Pontevedra/PSdeG-PSOE | O renovado Comité Executivo Provincial do PSdeG-PSOE, saído do 4º Congreso celebrado a pasada fin de semana, celebrou esta tarde a súa primeira xuntanza baixo a dirección de David Regades.
O primeiro acto convocado polo secretario xeral neste seu segundo mandato serviu para facer balanzo do sucedido nun Congreso no que o socialismo da provincia demostrou a súa integración en torno a un proxecto compartido para impulsala axenda de progreso na provincia e en Galicia.
David Regades dirixiuse as 55 persoas que forman parte da Executiva para pedirlles que contribúan a que todo o partido “se arremangue” para seguir gañando as Eleccións Municipais, que chegarán xa o ano próximo “e, co traballo de todos e todas, facelo aínda con máis forza”.
Regades destacou que despois das 23 alcaldías obtidas nos últimos comicios hai que facer o posible para continuar avanzando e que se hoxe son máis de 600.000 as pontevedresas e pontevedreses gobernadas/os por socialistas nos seus concellos esa cifra se amplíe aínda máis.
“Esta provincia non pode permitirse retroceder despois de catro anos de avance e menos diante dun Partido Popular sumido en pleno proceso de descomposición, que se desangra en liortas que nada teñen que ver co benestar da xente”. “No PP non hai ninguén falando de proxecto político ou de ideas; están absortos nos seus odios persoais e nas súas corruptelas”.
Regades animou a tódalas/os socialistas a manter a cabeza nos problemas reais da xente “dende a primeira liña da política, que é a local, onde somos máis fortes porque no contacto directo coa cidadanía é onde mellor se percibe a nosa valía para construír unha sociedade mellor”.
“Os homes e mulleres do PSdeG temos a cabeza en cada concello, en cada unha das catro provincias e en Galicia mentres que o Partido Popular está pendente de espiarse entre eles de xeito delictivo e dos dossieres sobre os/as aspirantes a ocupar o “sillón” de Génova”, remarcou.
“E Feijoo, en lugar de censuralo, dicindo que espiar aos do mesmo partido está mal, como se facelo cos dos outros partidos estivera ben; en fin, a dereita retratada como a casa dos líos e da corrupción”.
Na súa análise, David Regades, recalcou tamén que “os homes e mulleres do PSdeG tampouco perdemos o tempo con espellismos independentistas e sabemos combinar a reivindicación do que é xusto co apoio ás medidas progresistas que se están a aprobar dende o Goberno”.
Calendario de traballo
Por todo elo anunciou o comezo dun calendario de traballo de cara a intensificar a presencia do partido nos 61 concellos da provincia co obxectivo de difundir información veraz sobre os avances que teñen chegado da man das Alcaldías socialistas e dunha Deputación progresista, “que por primeira vez na historia está ao servizo da provincia e non do PP” e encamiñar así a recta que conduce ás próximas Eleccións Municipais.
En canto á composición da nova Executiva provincial, Regades destacou que trae consigo unha ampla renovación, pois entre as 55 persoas hai 23 novas incorporacións ao tempo que mantén o talento humano da anterior. Ademais destacou que se trata dun grupo humano feminista, con ampla presencia de mulleres que ocupan responsabilidades tanto na política local como na provincial e na autonómica, “profundamente municipalista” e “comprometido xeneticamente cos principios da socialdemocracia”.
Integrantes da nova Executiva
David Regades na secretaría xeral; Paula Fernández (Silleda) como vicesecretaria xeral de Política; Luis Piña (A Cañiza), secretario de Organización; Manel Vázquez (A Illa), vicesecretario de Acción Electoral; Paloma Castro (Pontevedra), secretaria de Política Institucional; Marta Giráldez, de Meis, secretaria de Igualdade;
José Manuel Valcárcel (Pontevedra), secretario de Política Municipal; José Antonio Cacabelos (O Grove), secretario de Política Autonómica; Paola María (Vilagarcía), secretaria de Infraestruturas e Mobilidade; Hugo Andrade (Sanxenxo), secretario de Dinamización das Agrupacións Locais; Josefina Silva (Vigo), secretaria da Militancia; Manuel González (Caldas), Secretaría de Coordinación Territorial; Gregorio Agís (Poio), Secretaría de Desenvolvemento Urbano;
Iria Lamas (Gondomar), Secretaría de Vivenda; Gloria Blanco (Pontevedra), Secretaría de Promoción Económica; Carlos Gómez (Baiona), Secretaría de Transición Ecolóxica; Manuel Pazos (Marín), Secretaría de Medio Ambiente; Verónica Pichel (Forcarei), Secretaría do Reto Demográfico; Gerardo Rodríguez (Oia), Secretaría do Medio Rural; Emiliano Lage (Fornelos), Secretaría de Política Forestal; Rubén Rial (Nigrán), Secretaría de Industria;
Verónica Tourón (Salceda), Secretaría de Emprego; Montserrat Magallanes (A Guarda), Secretaría de Dinamización Económica; Enrique Cabaleiro (Tui), Secretaría da Cidadanía; Israel Mercader (Porriño), Secretaría de Persoas con Discapacidade; Lorena Durán (Cerdedo-Cotobade), Secretaría de Economía Circular; Eugenio González (Cangas), Secretaría de Maiores; Tania García (Vilagarcía), Secretaría de Política Social; María Luz Santiago (Marín), Secretaría de Diversidade; Mario López (Lalín), Secretaría de Movementos Sociais; Ainhoa Fervenza (Sanxenxo), Secretaría de Turismo; José Sanmartín (Barro), Secretaría de Emprendemento e Comercio; Leonardo Cabaleiro (Redondela), Secretaría de Pesca; María José Vales (Vilanova), Secretaría de Confradías e Marisqueo; María del Carmen Larriba (Pontevedra), Secretaría de Cultura; Leticia Gallego (Vigo), Secretaría de Ciencia e Innovación; Helena Rodríguez (Vigo), Secretaría de Educación; Violeta Lois (Mondariz), Secretaría de Sanidade; Xoel Souto (Moraña), Secretaría de Deportes; Catalina Oubiña (Vilagarcía), Secretaría de Cooperación ó Desenvolvemento;
María Ferreirós (Valga), Secretaría da Memoria Histórica; Alberto García (Catoira), Secretaría de Política Europea; Icía García (Meaño), Secretaría de Política Territorial; Vanesa Fernández (Pontecesures), Secretaría de Comunicación; Amadeo Cuñas (Pontevedra), Secretaría de Seguridade e Emerxencia; Fátima Abal (Cambados), Secretaría de Transparencia e Rexeneración Democrática; Manoel Loureiro (Cotobade), Secretaría de Estudos e Programas; Victoria Alonso (Mos), Secretaría de Formación; Mario Rodríguez (Moaña), Secretaría de Política Sindical; Francisco Santiago (Vigo), Secretaría adxunta á Organización; Gabriel González (Vilagarcía), Secretaría Executiva; Enrique García (Vigo), Secretaría Executiva; Amalia Lago (A Estrada), Secretaría Executiva; Leticia Moscoso (Vigo), Secretaría Executiva e Ángel Rivas (Vigo), Secretaría Executiva.