Pontevedra | Este 17 de xuño constituíronse as novas Corporacións Municipais nos Concellos galegos. Amosamos aquí un pequeno álbum fotográfico dos novos gobernos municipais constituídos en Ponteareas, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas, Tui e A Guarda.
Nava Castro Domínguez (PP) asume o bastón de mando en Ponteareas.
Alejandro Lorenzo (PP) conseguiu unha abafante maioría absoluta no Porriño.
Nidia Arévalo (PP) alcanza unha nova reelección en Mos por maioría absoluta.
Enrique Cabaleiro (PSdeG-PSOE) seguirá como alcalde de Tui.
Loli Castiñeira volve á alcaldía de Salceda cun tripartito Movemento Salceda-PSdeG-PSOE-BNG.
Roberto Carrero (PP) alcanza á alcaldía da Guarda.