Ponteareas/PSdeG-PSOE | O pasado domingo celebrouse na sede do PSdeG de Ponteareas unha xuntanza dos socialistas do Condado-Paradanta (Ponteareas, Salvaterra de Miño, Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo, Arbo, As Neves, Crecente e Cañiza) para elixir o coordinador comarcal.
En dita xuntanza acordouse que o novo coordinador da comarca Condado-Paradanta fose Delfín Domínguez Secretario Xeral dos Socialistas de Ponteareas, con esta elección os socialistas fortalecemos a nosa estrutura organizativa na comarca de cara a coordinar accións e iniciativas en beneficio da veciñanza de cada un dos concellos que a integran.
Son moitos os retos que temos por diante, como o da sanidade e educación pública, que vemos como cada días están sendo atacadas e deterioradas por parte do goberno da Xunta de Galicia presidido polo PP causando importantes carencias na nosa comarca, así como no conxunto de Galicia.
Os socialistas do Condado-Paradanta temos claras cales son as nosas prioridades, que non son outras que a defensa de uns servizos públicos de calidade e proximidade, a melloras das infraestruturas de comunicación tanto viaria como de acceso as novas tecnoloxías, saneamento, etc… para que así as nosas veciñas e veciños poidan seguir vivindo nos nosos concellos. A despoboación do mundo rural combátese con políticas que aposten por dar servizos de calidade as persoas que viven en el, e non con campañas publicitarias e grandes titulares como nos ten acostumados o Partido Popular.