Ponteareas/PSdeG-PSOE | O médico Delfín Domínguez Cerdeira ten presentado a súa candidatura ó proceso de primarias para ser o cabeza de lista en Ponteareas do PSdeG-PSOE nas vindeiras eleccións municipais que se van celebrar o 28 de maio de 2023.
As súas declaracións persoais ó respecto: “Sempre me interesei pola política porque creo que é ahí onde se toman as decisións que afectan ás nosas vidas. Xa fun concelleiro e voceiro municipal no Concello de Ponteareas , ademais de ter asumido diversos cargos orgánicos dentro del PSdeG-PSOE.
Eu son médico de profesión e a miña labor diaria é atender ós pacientes, solucionar os seus problemas e aliviar a súa dor. Tamén son empresario, teño una empresa onde exerzo a miña profesión. Una empresa que levo xestionando durante case 40 años.
Non son un político de profesión, que teña vivido sempre da política. Eu sei o que é levantarse todos os días para sacar adiante a unha familia, un negocio e unha pequena empresa, igual que a gran maioría dos veciños de Ponteareas.
Agora preséntome como candidato a Alcalde porque quero poñer a Ponteareas no Século XXI, tanto a Vila como as parroquias especialmente abandonadas. Quero que Ponteareas volva a ser o centro económico, comercial, social e cultural de toda la comarca do Condado-Paradanta e dos municipios da raia portuguesa.
O meu referente en xestión municipal é Abel Caballero. Quero facer en Ponteareas o mesmo que él está a facer en Vigo. Ter un plan estratéxico para saber cara onde queremos ir e as infraestruturas e comunicacións que precisamos para alcanza ese futuro, e ó mesmo tempo atender as necesidades cotiás dos cidadáns mantendo sempre un diálogo permanente cos veciños.
Estou seguro que a miña experiencia profesional e empresarial me vai ser moi útil para o desempeño do meu cargo ó ser plenamente consciente das necesidades da xente e así poder tomar decisións que alivien as súas preocupacións e solucionen os seus problemas.”
O proceso de Primarias no PSdeG-PSOE é un procedemento perfectamente regulado onde os candidatos ás alcaldías de municipios de mais de 20.000 deben cumprir unha serie de requisitos con anterioridade a que os órganos do partido os proclamen oficialmente.