Deputación da Coruña | Desde hai máis 25 anos, a asociación coruñesa Agalure traballa na rehabilitación de miles de persoas adictas ao xogo, as apostas e outras adiccións sen substancia.
Unha importante labor para a que contan coa colaboración da área de Benestar Social da Deputación da Coruña, que desde 2003 apoia, a través das súas liñas de subvencións a entidades, os programas de terapia, rehabilitación e inclusión social destas persoas e que, segundo explica o psicólogo clínico de Agalure, José Manuel Recouso, teñen arredor dun 85% de éxito.
Desde hai uns anos, o programa leva o nome de “Podo, pero só non podo”, unha denominación “moi acertada”, afirma a deputada responsable da área de Benestar Social da Deputación, Ana Lamas, que mantivo unha reunión telemática cos responsables da entidade para coñecer en detalle o funcionamento deste programa de rehabilitación. “A axuda que proporcionan entidades como Agalure é unha porta de saída da ludopatía para centos de persoas un apoio fundamental para as familias”, afirmou.
“O programa leva o nome de ‘Podo, pero só non podo’, unha denominación ‘moi acertada’, afirma a deputada responsable da área de Benestar Social da Deputación, Ana Lamas”
“Na Deputación valoramos moito o traballo que desenvolve Agalure e estamos orgullosos de poder achegar o noso gran de area neste programa”, indicou Ana Lamas.
A actividade da asociación inclúe a atención piscoterapeútica a afectados/as e as súas familias, o asesoramento xurídico e os apoios necesarios para a rehabilitación e inclusión social das persoas afectadas, mediante un equipo dirixido por pofesionais cualificados e debidamente titulados, así como a difusión e sensibilización da sociedade respecto dos problemas asociados á adicción ao xogo e outras adiccións sen substancia, programas de prevención e investigación.
Cambio no perfil ao ludopatía
Segundo explicaron os responsables da entidade, Agalure vén detectando nos últimos anos un cambio nas modalidades de xogo, pasando a ser as apostas deportivas e o xogo online o principal motivo das consultas, que experimentaron un incremento do 60%, mentres que o das máquinas recreativas descendeu un 40%.
Este novo perfil de adicción ao xogo afecta a persoas con menor idade media e o tempo de latencia para adquirir a dependencia é tamén menor no xogo online que nas máquinas recreativas.
Nos último ano, o número de casos de persoas afectadas que demandan información e/ou rehabilitación da ludopatía ou outras adiccións comportamentais (compras compulsivas, adicción ao móbil ou videoxogos) tivo un aumento significativo, cercano ao 50% con respeto ao ano anterior.
Este novo perfil das adiccións fai que a Deputación da Coruña e Agalure estean valorando a colaboración nun novo programa de educación e prevención da ludopatía destinado a informar nos centros escolares de Educación Secundaria e Bacharelato da provincia sobre os riscos e os problemas asociados á adicción ao xogo.