Ourense | A xunta de goberno da Deputación, vén de aprobar a mobilización de 489.000 euros para destinalos á cooperación con concellos da provincia, así como con entidades sociais, empresariais, culturais e deportivas de Ourense.
No que atinxe aos concellos, o de Lobeira e de Lobios percibirán 12.000 euros cada un para “Xurés Experience” e otros 10.000 euros para “Portas Xurés”. O de Ribadavia recibirá 4.000 euros para o mantemento de campos de fútbol. A axuda concedida ao Concello de Petín é de 50.000 euros para a 2ª anualidade do “Paseo prolongación Malecón”.
Para gastos de funcionamento da Mancomunidade de Carballiño, Boborás e Leiro a axuda concedida será de 20.000 euros. Para o mesmo concepto, a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e a Mancomunidade de Concellos Santa Águeda percibirán 50.000 euros cada unha.
Respecto as diferentes entidades da provincia que percibirán axudas, á Fundación Expourense concedéronselle 85.000 euros para a organización de feiras e eventos durante este ano. A Fundación Protección Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova recibirá 40.000 euros para sufragar os seus gastos de funcionamento. A axuda concedida ao Círculo de Empresarios de Galicia é de 25.000 euros para as acción conxuntas que se desenvolverán na 5ª edición de “Ourense en círculo”.
Para cooperar nun acto coa comunidade galega en Mexico, a Coral de Ruada obterá 20.000 euros, mentras que o Colexio de Economistas de Ourense terá 6.000 euros dentro do convenio de colaboración coa Deputación.
Para a posta en marcha dun proxecto de emprego para maiores de 30 anos, a Deputación concédelle á Asociación provincial de Empresarios da Construción e Obras Públicas unha colaboración de 60.000 euros.
Pola súa banda, a Unión Deportiva Ourense Club Deportivo recibirá unha colaboración de 30.000 euros para os seus gastos de funcionamento, mentres que a Asociación Cultural Luarada percibirá 5.000 euros para o Festival RIR de Allariz.
A petición do Concello de Xunqueira de Ambía, a xunta de goberno aprobou a modificación do destino do Plan de Cooperación CooperOU para este ano.