Vigo | A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, homenaxearon aos 42 alcaldes e alcaldesas dos Concellos da provincia de Pontevedra na Gala do Turismo das Rías Baixas celebrada no Auditorio “Mar de Vigo” da cidade olívica.
A gala, amenizada pola actriz Celia Freijeiro, amosou un espectáculo musical e artístico salientando o patrimonio gastronómico, vitivinícola, paisaxístico e cultural das Rías Baixas. Así, estiveron presentes responsables de Mancomunidades como a do Salnés, o Clúster de Turismo, as denominacións de orixe, os Festivais Rías Baixas, os Rías Baixas Film Fests, e entidades que representan ás axencias de viaxes, de aloxamento, turismo activo e culturais, xunto coas empresas que participaron na aceleradora TurisTIC, entre outros.
Neste sentido, Silva e Caballero homenaxearon aos Embaixadores das Rías Baixas, galardón que recolleron os responsables dos sete restaurantes con Estrela Michelin da provincia: Javier Olleros e Amaranta Rodríguez (Culler de Pau), Pepe Solla (Casa Solla), Pepe Vieira, Yayo Daporta, Rafa Centeno e Inés Abril (Maruja Limón), Iñaki Bretal (O Eirado da Leña) e Alberto González Prelcic e Goretti Álvarez (Silabario). Tamén recoñeceuse o labor das 136 empresas distinguidas co selo do Sistema Integrado de Calidade en Destinos Turísticos (SICTED). Tamén entregouse aos gañadores o I premio “Momentos Rías Baixas” de redes sociais.
Carmela Silva destacou a importancia desta gala que “no 2021 tiña que facerse”, debido a súa suspensión o ano pasado por mor da pandemia. Por tanto, fixo un chamando ao “optimismo” ante a “nova normalidade que virá para quedarse”, aproveitando para recoñecer o labor do sector hostaleiro, turístico, cultural e de ocio da provincia pontevedresa.
A gala amenizouse de entrada co posta en escena do vídeo da campaña 2020 “Sigue o teu instinto”, que vén de ser premiado na categoría de “ecoturismo” no Festival The Golden City Gate de Berlín, toda vez anunciouse a campaña “É o teu momento” de promoción para 2022 do turismo das Rías Baixas de cara ao Ano Santo Xubilar e o Camiño de Santiago.