Pontevedra | O Apalpador, a tradicional figura do Nadal na Galiza, visitará este ano sete concellos da comarca do Condado Paradanta man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’.
Na maña de hoxe o personaxe tradicional estivo no centro infantil de Príncipe Felipe e pola tarde visitará o Pazo Provincial en Pontevedra, onde será recibido ás 19 horas pola deputada María Ortega, responsable do departamento de Lingua, e dende onde desexará unhas boas festas a toda a provincia.
Ademais de hoxe na cidade do Lérez, o Apalpador estará mañá no Condado nos concellos de Mondariz (17h) e Mondariz Balneario (19h). Despois, o 26 de decembro chegará ás 11 da mañá a Arbo, ás 12.30 horas á Cañiza, e pasará ás cinco da tarde por As Neves e pechará a xornada ás 19.00 en Salvaterra de Miño. O día 2 de xaneiro será cando estará en Ponteareas, ás 11 da mañá. Os percorridos itinerantes do pasarrúas polos centros das vilas estarán marcados por cada un dos concellos.
Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que fomentará o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da provincia.
O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, ‘O Apalpador’ representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.
De Caldas ao Val Miñor
O Apalpador, a tradicional figura do Nadal na Galiza, visitará este ano cinco concellos da comarca de Caldas ds man da Deputación de Pontevedra grazas á octava edición do programa ‘Nadal en Galego’. Na maña de hoxe o personaxe tradicional estivo no centro infantil de Príncipe Felipe e pola tarde visitará o Pazo Provincial, onde será recibido ás 19 horas pola deputada María Ortega, responsable do departamento de Lingua, e desexará boas festas a toda a provincia.
Ademais de hoxe en Pontevedra, o Apalpador estará en Cuntis o día 31 de decembro, o día (xunto ao 24 de decembro) que tradicionalmente baixa da montaña para deixar agasallos ás crianzas. Estará en Nigrán ás 11 da mañá, en Oia ás cinco da tarde e en Gondomar ás sete. Os percorridos itinerantes do pasarrúas polos centros das vilas estarán marcados por cada un dos concellos.
Como cada ano, a dinamización da lingua, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros, serán os valores que fomentará o Apalpador, xunto ao seu compañeiro acordeonista, Servando Barreiro, e o seu burro Río Lor, coas actuacións e os pasarrúas, levando a música, o baile e as anécdotas a todas as comarcas da provincia. O programa ‘Nadal en Galego’ foi deseñado tamén para fomentar o coñecemento da tradición de Nadal propia da Galiza e para que as e os máis novos poidan familiarizarse co mítica figura galega e coñecer a súa historia. Na orixe, ‘O Apalpador’ representábase como un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas para apalpar os bandullos das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas.