Este é un dereito que se recolle no código penal. Castelao invocouno e eu tamén o invoco contra quen arruína o noso país e o noso medio ambiente, contra quen hipoteca o noso futuro e fai emigrar á nosa mocidade, contra quen non nos deixa expresarnos en galego, contra quen nos impide o acceso á cultura, contra quen nos quere escravizar. Contra quen non respecta os nosos dereitos individuais e colectivos, contra quen nos oprime.
Castelao defendía o dereito do pobo galego á lexítima defensa. O exercicio deste dereito non ten porqué ser violento, é máis, non o recomendo, excepto se a un o levan á desesperación, en cuxo caso é difícil de evitar… Arrasar unha nación é moito máis grave que queimar unha bandeira. Queimar a bandeira española ou pitar o hino español son actos de protesta política moralmente lexítimos, pois o Estado español non respecta os nosos dereitos individuais nin colectivos.
Ilustro o texto cunha variante do escudo de Castelao. Preferiblemente, nin mortos nin escravos, por suposto. Pero o fascismo e imperialismo españois ás veces non deixan alternativas; repasade a historia se tedes dúbidas… Intentan quebrarnos como galegos psicolóxica, mental e fisicamente: que non o consigan. Nin a raposa nin o lobo poden ser domesticados. Se queremos ser libres, temos que aprender deles. Xa o dicía Castelao…