Ponteareas/Esquerda Unida| Como xa denunciara Esquerda Unida a través da súa Área de Mocidade, a obra da Senda do Tea é nociva medioambientalmente e ademáis supón un malgasto de diñeiro público totalmente innecesario. Despóis das primeiras chuvias, e aínda queda todo o inverno, os 700.000 euros que custou esta obra van agora rio abaixo.
O resultado é que agora, a ribeira do Tea é fácilmente erosionada pola chuvia e centos de metros cúbicos de area contribúen a tupir aínda máis o leito do río. A isto é a o que o PP lle chama “valorización ambiental”.
A Deputación de Pontevedra e o Goberno de Ponteareas son os responsables directos desta desfeita ambiental que se fixo, ademáis, malgastando diñeiro público nunha obra que ninguén necesitaba.
Dende Esquerda Unida, consideramos que é un insulto á cidadanía que os responsables da administración se adiquen a malgastar os fondos públicos en obras de propaganda en lugar de adicalos a solucionar a grave situación de emerxencia social na que nos atopamos na que as persoas se atopan xa en difucultades mesmo para comer.