DesfilaMos e Concurso de Novos Deseñadores das Palilleiras de Mos

O vindeiro sábado 16 nos exteriores do Pazo de Mos

Mos | A Asociación de Palilleiras de Mos organiza unha nova edición do seu Concurso de Novos Deseñadores e o DesfilaMos 2023 que terá lugar o vindeiro sábado 16 de setembro ás 20.30 horas nos xardíns do Pazo de Mos. As Palilleiras mosenses contan coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, o Concello de Mos e o Obradoiro de Emprego Queda en Mos para este evento.

Ademais o venres día 15 de setembro farán a inaguración da Exposición dos traballos de Bistra Pisancheva de Bulgaria ás 12.30 horas na sala de exposicións do Pazo de Mos.
DesfilaMos é un evento onde artesanía, moda e novos deseñadores que promoven e promocionan a artesanía do encaixe de palillos “palilleira/os”.

Durante o desfile do próximo sábado terá lugar o Concurso de Novos Deseñadores pero tamén estarán presentes representantes de Bulgaria e Portugal, así como tamén participarán virtualmente Arxentina, Italia, Polonia e Eslovaquia, e diferentes artesáns e empresas de Galicia.

Para asistir como público, as persoas interesadas deben facer reserva previa do seu asento antes do mércores 13 de setembro en pazodemos.org ou no teléfono 639300974.