Lugo | A pasada semana percorreu Bulgaria un numeroso grupos de membros da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, en viaxe cultural organizada pola asociación que preside Ángel Trabada.
Como é tradicional nas viaxes que coinciden con esta data, celebraron na cidade de Burgas un acto con motivo do “Día”, no que interveu o xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación, que falou de Fernández del Riego, o seu papel na creación do “Día das Letras”, os 60 anos que se cumprían desde a primeira edición en 1963, e o exemplo que para a vitalidade do Galego supón a existencia de destacados escritores “alófonos” – Pérez Creus, Anne Marie Morris ou García Lorca, entre moitos outros -, asi chamados por Alonso Montero os non galegos con obra importante no noso idioma.
O acto rematou co canto colectivo do Himno Galego.
Similares actos téñense celebrado nos últimos anos con motivo da viaxe dos Amigos do Camiño a Romanía, Xordania ou Sicilia.