Salvaterra de Miño | O 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ co obxectivo de concienciar sobre a diversidade, a igualdade, a tolerancia e o respecto cara este colectivo.
Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño únese a estas reivindicacións para aportar o seu gran de area mediante diferentes accións.
Ao igual que en anos anteriores, estará colgada a bandeira LGTBIQ+ no balcón do Concello para dar visibilidade e animar a loitar por unha sociedade máis xusta e para recalcar o dereito a amar libremente.
Por outra banda mañá día 9 xuño levarase a cabo unha actividade na praza do Concello con parte do alumnado do instituto. Esta actividade constara de dúas partes, par comezar realizaranse diversas dinámicas grupais sobre as consecuencias da falta de apoios para as persoas LGTBIQ+.
A continuación realizarase un obradoiro no que cada alumno decorará unha camiseta coas cores da bandeira do Orgullo e representando o que significa para eles o respecto cara a diversidade, posteriormente as camisetas colgaranse nun tendal de xeito que sexa visible e chame a atención das persoas que pasen por alí.
Ademais este ano retomamos o noso concurso de slogans coa 2ª edición. A partires do luns da semana que ven ábrese o prazo para que todas as persoas poidan ser participes. Buscamos unha frase conmemorativa para colocar na última semana nas redes sociais e na pantalla informativa do Concello, como imaxe central.
Se queres participar so tes que enviar a túa frase a animación@concellodesalvaterra.org, do 13 ao 20 de xuño. A frase estará exposta do 22 ao 30 de xuño en redes. A frase non pode ter máis de 30 caracteres. Dende o Departamento de Cultura e Servicios Sociais escollerase a fase gañadora
Concienciar e educar as novas xeracións é importante para unha sociedade mellor, pois elas teñen o poder de facer deste mundo un lugar con futuro.