O domingo 14 de Outubro ven á BTT ou IV Andaina de Coñece o teu entorno e da Festa do Corzo
Salceda de Caselas | O domingo 14 de Outubro, terá lugar en Salceda de Caselas a III Festa gastronómica do Corzo no Torreiro de Santa María, organizado pola Asociación Xuvenil do Entroido da Feira. A festa comezará ás 10:30 contado con Maxi Adega como pregoeiro. Pola tarde a festa continúa coa charanga divertida, actuación de Maxi Adega e con animación infantil e xogos populares.
O Clube ciclista Aragonta vaille ao domingo a proporcionar a pinga de deporte, a través da “V Marcha de BTT Raíña Aragonta” que terá un percorrido de 35km de dificultade media-alta, para apuntarse se pode facer, entrando na páxina http://clubciclistaaragonta.blogspot.com.es/. Tamén haberá a IV Andaina “Coñece o teu entorno: Camiñando polas inmediacións de Agüín, que fará un percorrido, maioritariamente, pola parroquia de Entenza e que constará dun percorrido total de 13 km cun grao de dificultade baixa, puidendo apuntarse no enderezo electrónico: carlaperezperez@gmail.com.
Dende o Concello de Salceda quérese animar aos veciños e veciñas de Salceda, e doutros lugares a disfrutar dun domingo cargado de actividades dentro do noso Concello.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda, quere agradecer a labor das Asociacións de Salceda e o seu importe papel á hora de traballar ofertando diferentes actividades para todos os veciños e veciñas de Salceda. Traballando xuntos, sempre poderemos conseguir que Salceda esté chea de actividades e que todo o mundo poda disfrutar das mesmas.