DNI e pasaporte móbil en Baiona

Os días 22 e 25 de abril coa unidade VIDOC da Policía Nacional

Baiona | Os próximos días 22 e 25 de abril deste ano a unidade móbil da Policía Nacional, uni-dade VIDOC (Vehículo Integral de Documentación) empezará a sua labor en Baiona na c/ Jesús Valverde (entrada ao Parador) para a expedición do DNI e o PASAPORTE de maneira inmediata en horario de 09:30 a 13:30 horas.

As citas poderán solicitar a través da Policía Local na Oficina de Atención ao Público soamente mañá día 15 de abril e recolleranse 25 citas para cada un dos días dos que realizarán o seu labor en Baiona.

O obxectivo da prestación deste Servizo é asegurar que servizos públicos tan esenciais como a expedición de documentos de identidade estean dispoñibles para todos os veciños dunha forma fácil e poidan realizar estes trámites no mesmo día, podendo saír da unidade móbil con toda a documentación solicitada.

Capacitación dixital para adultos
Desde o Concello de Baiona en colaboración con cibervoluntarios levamos ás parroquias “Pobo Dixital” un curso de capacitación dixital para adultos que necesiten mellorar a utilización do móbil realizando con maior celeridade as xestións do día a día.

É o primeiro curso dos que se realizarán nas parroquias de Baiona e estenderase ao resto das mesmas en diferentes xornadas, xa que o Concello de Baiona está a promocionar a adaptación de medios dixitais á vida dos veciños para que poidan realizar tarefas administrativas nesta época onde a maioría dos trámites pódense realizar de maneira dixital. Desde o Concello de Baiona agradecen a colaboración da asociación de veciños e veciñas de Baredo que se encarga da presinscripción.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.