Arbo | O vindeiro 23 de Abril ás 18:00horas no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, terá lugar a Gala da Lamprea da LXIII Festa da Lamprea.
Durante o acto farase entrega dos premios dos concursos da LXIII Festa da Lamprea e do Certame “Brais Alonso”, e ao alumnado do CEIP Antonio Carpinteiro gañadores do Concurso de redacción e debuxo da LX Festa da Lamprea.
Na categoría do deporte tamén se entrega galardóns pola súa importante labor a favor do deporte en neste caso na disciplina de patinaxe a IRIA GROBA FERNÁNDEZ, CARMEN DE SÁ SIMÓN, MARIA DE SA SIMÓN, CANDELA GIL ALONSO, ELIANA RODRIGUEZ IGLESIAS, DANIELA RODRIGUEZ IGLESIAS E MARTA ÁLVAREZ ÁLVAREZ, gañadoras do campeonato de Galicia coas súas categorías e subcampeonas de España e en fútbol aos alevins do Arbo, C.F que un ano m ao equipo de Alevín e Biberóns do Arbo, que un ano máis quedarón campións de liga.
En agradecemento a labor desenvolvida e distinguidos como Arbenses Distinguidos 2023, esta Dona Anita e Don German veciños da parroquia de Sela, que dedicarón a súa vida a traballar a favor de Arbo e os Arbenses.
VALENTINA ANA MARÍA MORALES REULA (ANITA) (Barcelona, 1913 – Sela (Arbo), 2015): Arbensa Distinguida 2023: fiel defensora dos dereitos da muller, pioneira no eido da ensinanza, da cultura e do asociacionismo, en agradecemento pola labor desenvolvida en prol de Arbo, e da súa parroquia de Sela, tanto na posta en valor dos seus recursos como polo seu compromiso cos arbenses.
Anita foi, por primeira vez, unha muller que ensinaba tanto a nenas como a nenos, derrubando os muros que os separaban na escola; por primeira vez, unha muller era xefa dun home, por ser a directora de tódolos colexios nos que estivo.Unha fiel defensora dos dereitos da muller.
Do seu amplísimo labor social cabe destacar como principios a súa bondade, a súa xenerosidade, a súa acción caritativa e o seu enorme amor e respecto por todos os demais. Alimentou un labor cultural inmenso (editou o seu libro “Elos de Esperanza” como eficaz observadora e estudosa da súa contorna). Creou grupos teatrais, tanto na escola como con adultos. Exemplo é o seu “Grupo Teatral A Lamprea”, creado na parroquia de Sela en Arbo donde os veciños e veciñas acudían a ensaiar moi animosos e entusiasmados.
Na súa parroquia de Sela envorcouse nunha acción apaixoada en todos os ámbitos do seu desenvolvemento social: Nun tempo donde os impulsores de asociacións e colectivos eran homes, Anita foi impulsora, fundadora e primeira presidenta das asociacións de Montes e de Augas de Sela.
Colaborou activamente en medios de comunicación en todas as edicións das Festas da Lamprea e a Augardente de Sela; as súas poesías sempre eran o prólogo atractivo das mesmas. Participaba como xurado no Premio Periodistico organizado durante a Festa da Lamprea.
Eterno sorriso no exercicio dunha vocación comprometida e sen límites. A súa riqueza, sen excepción algunha, o agarimo profundo de toda a comunidade. Anita deixou unha pegada imborrable na vida dos veciños e veciñas de Arbo, e sobre todo en aqueles que a coñeceron de preto, así como os alumnos e alumnas que falan dela non só como mestra que ensinaba mates ou lingua, senón como unha persoa que se preocupaba polo ben de todos aqueles que a coñecían.
DON GERMÁN ÁLVAREZ BLANCO: DON GERMÁN (1912 – 2006): en recoñecemento pola labor desenvolvida en prol de Arbo, e da súa parroquia de Sela, e polo seu compromiso cos arbenses.
Estudou Medicina e Maxisterio. E foi recrutado Alférez Provisional no ano 1936. Ascendeu na Escola Militar de Toledo a Tenente e foi ferido na fronte na batalla do Ebro, en 1938. Durante a guerra, houbo unha iniciativa oficial para apoiar aos soldados que consistiu en que mulleres novas escribían cartas aos soldados para darlles ánimos. Foron chamadas madriñas de guerra.
Ao terminar a guerra, Don Germán quixo agradecer a estas mozas o seu apoio durante a dura guerra. Unha a unha foi a coñecelas e mostrarlles o seu agradecemento. O destino quixo que unha delas fose María Ascensión Vieitez -a señorita Nena-, de Sela. Cando Don Germán chegou a Sela el e a súa madriña namoráronse e xa non se separaron ata a súa morte. Don Germán namorouse da que foi a súa esposa e da súa terra, Sela, onde pasou tanto tempo e tantos momentos importantes da súa vida, alí onde foi tan feliz.
Durante 60 anos atendeu en Sela, no consultorio que tiña na casa familiar, a toda persoa que requiriu atención médica ou axuda de calquera tipo: sempre estivo ao dispor de quen lle necesitou. Don Germán prestou atención médica a toda persoa que o necesitou, de maneira altruísta, sen pedir nin esperar nada a cambio, durante décadas. Ademais, axudou por centos de persoas a atopar traballo, a promocionar, a ter traslados máis preto de casa. Escoitou os problemas e preocupacións de todo aquel que se achegaba a compartilos con el e axudou a atopar remedio a todo o que puido. Don Germán sempre foi, ante todo, unha persoa moi próxima e humilde á vez que un gran profesional. Cun gran corazón, entendía a vida como unha vida ao servizo do outro.
Á casa familiar viña todo o mundo a consultar temas médicos, a compartir con el, a asesorarse ou pedir favor ou axuda, as portas estaban sempre abertas, para todos e para todo. Desde o ferreiro, o ferreiro, que subía todas as tardes a velo, ata Inocencio, o carteiro, ou o xastre de Setados e a súa esposa. Foros moitos os veciños de Sela e arredores que puideron ir a Madrid a recibir tratamento especializado grazas a que Don Germán conseguíalles as citas cos mellores especialistas. Por exemplo, xunto ao seu bo amigo Pepe Martínez, galego, Xefe de Servizo de Traumatoloxía do Hospital da Paz, conseguiu que moitas persoas fosen a Madrid a operarse, especialmente de cadeira.
Don Germán axudou a todos e en todo: se alguén cantaba ben, conseguíalle unha audición. Se quedaba afónico polos nervios, conseguíalle unha segunda oportunidade. Colocou a pais, fillos e netos. Se non tiñan nada, el leváballos a casa ata que conseguían traballo. Son centos as persoas que acudiron a el e atoparon axuda grazas a el.
Don Germán chanceaba dicindo que a casa de Sela era a súa querida, unha querida moi cara, o seu tesouro máis prezado. El coidaba esa leira, esa casa, coas súas propias mans. As horas que non pasaba atendendo a persoas dedicábaas a cavar, plantar, arranxar ou regar a leira para que sempre estivese preparada para recibir a familia e amigos.
Don Germán sempre dixo que, se existía o paraíso terreal, sen dúbida en Sela é onde debían estar Adán e Eva. E é que, a pesar de que a súa esposa faleceu 25 anos antes que el, el sempre mantivo o seu agarimo por Sela e a súa xente e ata o último día pasou alí o tempo que puido, ofrecendo todo o que tiña a quen o necesitase. E é que, sen dúbida, don Germán, Leonés de nacemento, era Selense (e Arbense) de corazón. O remate do evento terá lugar a actuación de MARÍA DO CEO.