A Cañiza | Despois de terse suspendidas estas actividades por mor da crise sanitaria provocada pola COVID, novamente o CPI da Cañiza acolle as Xornadas de Seguridade Vial impartidas polo Axente da Policía Local da Cañiza Santiago Regueiro e por dous funcionarios da Dirección Xeral de Tráfico, organizador da actividade.
Durante os días 1 e 2 de marzo a/os alumna/os de 5º e 6º de primaria do CPI da Cañiza e de 4º, 5º e 6º do CEIP de Valeixe, puideron disfrutar desta actividade que ten como principal obxectivo que empecen a recoñecer as sinais de tráfico.
As xornadas transcurriron entre xogos e aprendizaxe. O alumnado recibiu unhas sinxelas e instructivas clases teóricas con material didáctico de fácil interpretación, sobre as diferentes clases de sinais de tráfico existentes, o correcto uso do cinturón de seguridade e a necesidade de levar casco de protección nas bicicletas, etc.
Todas estas instruccións as puideron poñer en práctica nun circuito de cars instalado no pavillón deportivo do centro, montado imitando con exactitude un orixinal coas súas rotondas, semáforos, sinais de tráfico e carrís.