“Si non te gusta cómo son as cousas, cámbias”
Jim Rohn, empresario, autor e orador motivacional estadounidense: 1930-2009.
O 29/01/2022, celebrouse o exámen MIR (Médicos Internos Residentes). Presentáronse 13.060 licenciados en Medicina e Cirurxía e había prazas para 8.188, das cales, de Medicina Familiar e Comunitaria eran 2.336. Quedaron moitos Médicos sin praza. Por qué dí Feijoo que non temos Médicos?
Nesta convocatoria (que é anual e estatal), terían a posibilidade de ocupar moitas máis prazas, que fan moita falta, para evitar a masificación das consultas de AP e así, poder desconxestionar os Centros de Saúde ao “borde do colapso” (en palabras do ínclito conselleiro de sanidade). Por qué non o fan? Que interése teñen en manter unha AP deteriorándose día a día e favorecendo o beneficio da sanidade privada? Por qué non temos máis Unidades Docentes na Galiza, para poder aspirar a máis prazas?
A resposta pode estar na pouca ou nula preparación das persoas que teñen que administrar as políticas sanitarias. Por ísto, preguntome si non fará falta o POIR (Políticos Internos Residentes): un examen despois dunha preparación previa (de 5 anos é a dos Médicos, despois de 6 anos de carreira) para poder exercer na política e saber administrar os recursos, priorizando a xestión do máis importante que temos: a saúde.
Galiza ten un orzamento de 11.000 millóns de euros anuais, que cos 12 anos de goberno de Feijoo fan un total de 132.000 (máis os extras que veñen do estado español e da Unión Europea) e aínda así, a AP sigue na corda froxa.
Nos últimos días, estamos asistindo a un despropósito de medidas dende a consellaría de sanidade, que pasan por contratar Médicos xubilados, Médicos sin a especialidade de Médico Especialista de AP (que require 5 anos de especialización), crean unha nova categoría profesional de Médico que ten que facer tamén gardas (dous postos para unha soa persoa), seguir con salarios de miseria e sin estabilidade laboral, déficit de infraestructuras e material, etc.
“Nos últimos días, estamos asistindo a un despropósito de medidas dende a consellaría de sanidade”
Todo isto, é provocado por persoas que intuímos que están preparadas para a xestión, pero a realidade é ben diferente. Temos o Consello Técnico de AP en marcha dende fai 3 anos, con 15 Comisións Técnicas que traballaron a reo para elaborar o Novo Modelo de AP. E que fan? Medidas tomadas polo PP, en contra de todos e que non resolven nin o primeiro dos problemas da asistencia sanitaria. De verdade que é tan difícil facerlle caso aos expertos (208 persoas de diferente ideoloxía) para ter un modelo que satisfaga as necesidades dos administradores e dos traballadores? Non sería mellor que pasasen antes un examen (duro, como o MIR) para poder exercer correctamente nos asuntos prioritarios para os cidadáns.
Si os Médicos, Psicólogos, Enfermeiros, Químicos, Biólogos, Farmacéuticos, etc. temos que pasar polo tema das Prácticas e do Examen, por que a xente que nos obriga a facer todo isto, non pasa tamén un examen e unha especialización previa, para exercer como político e que as decisións que tomen, estén basadas na evidencia e non nos caprichos do “xefe” de turno?
No tema de poñer a exercer a Médicos sin especialización é como si poñen a operar a un recién licenciado. Non sabrá, pois non fixo os anos de especialización. Pois o mesmo ocorre en AP, si non te especializaches, non podes exercer: é evidente! Querer resolver os múltiples problemas da AP con “parches” da como resultado que as costuras nótense moito máis que si as solucións búscanse en especialistas de verdade, en xente que sepa por onde vai o Sistema Sanitario Público e como invertir correctamente uns cartos que son de todos.
Avogo por un POIR, para que a Sanidade Pública na Galiza, saia deste atolladeiro no que nos meteu as políticas de desmantelamento do PP. Entre todxo, debemos facer cambios importantes e apostar polas conclusións do Consello Técnico de AP que teñen dende novembro do 2020, nun caixón!
Dr. Xosé M.ª Dios Diz, Médico especialista de AP de Outes.