Cada vez que me toca facer un editorial teño verdadeiros problemas. Son tantos os temas dos que se poden falar que resulta difícil decidirse: guerras interminables, políticos que teñen fame de terneiros e queren invadir países, guerracivilistas que están enloquecidos por volvernos a meternos nas cavernas da política, políticos que resisten como gato panza arriba todo o que lle voten….En fin, que xa me dirán Vdes. por onde comenzar. Pero como hai que facelo mellor ofrecerlles unha especie de popurri daquí e dacolá para que logo cada quen se estenda o que entenda pode serlle útil.
O novo Presidente americano é como din na miña aldea, “coma un porquiño”; aproveitaselle todo. Apenas chegou ao Poder de novo comezou asinando ordes e máis ordes de todo tipo. As que podía facer e as que non. Iso a el pouco lle importa. O mundo votouse a tremer porque puxo en cuarentena tódolos difíciles equilibrios que ata este momento se foran fraguando entre os países e os continentes. El vai ao seu: aumentar os seus negocios e o demais pouco lle importa. Se América (a súa América, claro) vai ben os demais que se acomoden como poidan. A UE anda dando paus de cego sen atreverse a erguela voz por se o león se esperta demasiado.
Se nos atrevemos a entrar no mundo dos novos medios de comunicación, mellor dos novos medios de intoxicación, entón xa non se sabe ben en qué mundo vivimos. Os que xa peiteamos ruzas dende fai un montón de anos resúltanos de difícil comprensión todo este mundo informativo que non precisa fontes auténticas, formas correctas nin verdades que mostrar. O que fai falta é embarrar o patio para que todos nos deamos o trompazo do século. Só os que nos camiñan por esos eidos se salvan. Quen se ateve a ignorar a súa existencia se todo se coce neses pucheiros das mans de cociñeiros sen escrúpulos e sen conciencia de nada. Ver como un muchacho ou muchacha de apenas poucos anos xa imparte cátedra é algo demencial.
Os vellos rockeiros tivemos que pasarnos, e aínda seguimos, moitas horas para facernos cunha mínima formación que nos permitira defender o noso posto de traballo dignamente. Agora todos engulimos, tragamos uns productos cociñados por uns cociñeiros que nen sequera saben encender o lume. Pero teñen detrás a miles, a millóns de lectores que lles aplauden coas orellas.
Os partidos políticos de vella usanza non saben ben que facer con estes maremotos que os anegan por completo. Teñen o Poder histórico pero non teñen o aplauso de millóns de cidadáns que seguen a estes novos deuses como se dunha nova relixión se tratara.
“Os partidos políticos de vella usanza non saben ben que facer con estes maremotos que os anegan por completo”
Cada día cando nos erguemos e nos adentramos no mundo da información podemos almorzar coas novas máis disparatadas. Pero que saen da boca de políticos que, en teoría, deberan ser o modelo de rigor, de tranquilidade política, de reflexión. Nada diso. Se un youtuber, ou como se diga, de poucos anos, tal vez imberbe, publica que calquera cidadán membro dun partido que non lle agrada pinchou na carretera preto de certos edificios tal vez, dín eles, estivera alí para algo diferente; cecais para espiar ao inimigo, para facer fotos a fachada da súa casa, etc. Iso non se pode permitir; hai que denuncialo xa. E os dirixentes políticos entran ao trapo e saen en TV todos facendosos anunciando que van tomar medidas de inmediato. Se o di un novo gurú da información, “iso debe ser verdad e hai que ir a por todas”.
Nos debates que podemos presenciar nas Cortes do Estado atopámonos con cada exemplar que non sei se dan medo ou se dan pena. Soben ao estrado e soltan a barbaridade maior que se lle ocorre naquel momento. Os aplausos non poden faltar. O político de turno séntese realizado e sorrir como se rematara de expoñer o principio da orde universal que se asoma polo horizonte dos novos mundos mundiais.
Que podemos facer os demais? Pouca cousa. Sufrir en silencio ou cabreados con nós mesmos porque eles, os culpables, escóndense detrás dese novo mundo que se nos ven enriba e contra o que non temos defensa.