Eliminar a Trump.

Nin os deuses do Olimpo son capaces de pararlle os pes ao botarate Trump, empeñado en rebentar, dende dentro, o capitalismo e a economía de libre mercado. Eolo, deus do vento e as tempestades, tentou arrancar das mans do presidente a táboa arancelaria no chamado “Día da Liberación”. Soprou con forza, pero non coa suficiente para facela voar polos aires, feito que de terse producido tería un gran valor simbólico e faría tremer a máis dalgún supersticioso oligarca.

O verdadeiro “Día da liberación de Trump” será o día no que nos liberemos del, xa sexa de forma física, química ou por un golpe enriba da mesa dos magnates que o auparon ao poder e que agora ven como as súas fortunas están minguando vertixinosamente. Ellon Musk perdeu máis diñeiro nuns días que cartos posúe Amancio Ortega, novena persoa máis rica do mundo segundo a lista Forbes.

A facilidade que ten para facer inimigos é infinita e a historia dinos que matar a un presidente nos Estados Unidos non é tarefa complicada. Se asasinaron a Kennedy, que se caracterizaba polo eterno sorriso, por ser unha persoa dialogante, gran defensor da xustiza racial e dos dereitos civís, eu no canto de Trump durmiría cun ollo aberto e o outro pechado.

Como cos deuses está visto que non se pode contar, ós cidadáns de mundo non nos queda outra que confiar na Xustiza Poética, aquela que castiga o mal, premia o ben e fai que triunfe a razón.

Habería Xustiza Poética si Trump aparecese electrocutado no coche eléctrico de Elon Musk, si este o enviase ao espazo e non o trouxera de volta, si recibise un paquete bomba rotulado cun sorriso, logotipo de Amazon, enviado polo seu propietario Jeff Bezos, outro dos seus grandes valedores. Habería Xustiza Poética si a través da plataforma de citas de Facebook (propiedade de Zuckerberg, un dos principais tecnomagnates que lle doaron cartos), a actriz porno Stormy Daniels ou algunha das mulleres agredidas sexualmente o citaran para vingarse. Habería Xustiza Poética si Xi Jinping ordenase ás fábricas chinesas untar de polonio 210 as gorras vermellas de “Make América Great Again” ou si George Soros, accionista de AstraZeneca, axustase contas logo das cuantiosas perdas que sufriu cando Trump asegurou que a lixivia era máis efectiva cas vacinas anticovid. Habería Xustiza Poética si algún membro da familia se revirase contra el polo continuo maltrato psicolóxico, ao que con seguridade, os debe ter sometidos.

“Que Trump non rematará a lexislatura é unha probabilidade que o resto dos países deberían contemplar”

Que Trump non rematará a lexislatura é unha probabilidade que o resto dos países deberían contemplar para tomarse con máis calma as caóticas e impredicibles decisións deste personaxe.

Se o mandatario neoiorkino deixase de estar entre nós, sería cómico ver aos primeiros ministros do mundo aparecer nos medios de comunicación asegurando que están consternados polo pasamento do presidente dunha gran nación coma os Estados Unidos de América.

Nin que dicir ten que o polígrafo de Conchita, a perito encargada de detectar as mentiras en Sálvame de Luxe, explotaría e saltaría polo aire partíndose en mil pedazos.

Mestre no CEIP de Salvaterra de Miño.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.