Santiago de Compostela/PSdeG-PSOE | O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presidiu a Comisión Executiva Nacional Galega -CENG- que fixou o calendario de primarias para escoller ao secretario xeral, que terá lugar o 7 de abril, e a data do Congreso Extraordinario, que se celebrará o 27 do mesmo mes. No caso de que ningún dos candidatos sume o 50 por cento dos votos, tería lugar unha segunda volta o 14 do mesmo mes, día da proclamación dos resultados.
A presentación de precandidaturas aerá entre o 11 e 14 de marzo, e a recollida de avais terá lugar entre o 15 e o 22 deste mes. O 22 de marzo terá lugar a proclamación provisional de candidatos que presenten como mínimo o 6% dos en torno a 10.000 militantes con dereito a voto.