Na xunta directiva da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) celebrada o pasado 30 de setembro, Manuel Castro foi reelixido na presidencia deste organismo para os próximos catro anos. A Peneira-Novas do Eixo Atlántico aproveitou a ocasión para entrevista-lo no Viveiro Empresarial que AEMOS ten no Parque Empresarial de Mos (PEMOS), localizado no Polígono Industrial A Veigadaña deste concello pontevedrés.
Recentemente foi reelixido como presidente da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS). Cales son os retos que se abren nesta nova etapa ao fronte desta institucion?
É unha etapa que se albisca complicada pola situación que estamos vivindo co COVID, e que está implicando un problema co respecto á economía das empresas. Esta Asociación nútrese de empresas, de pymes, de autónomos e como son o noso principal valor, estamos agora moi preocupados coa actual situación. Neste sentido, o que pretendemos é seguir avanzando en axudar, en colaborar, en intermediar con tódalas nosas empresas e asociados de cara a conseguir unha maior dinamización da economía, sobre todo na zona do noso ámbito de influencia que é Mos. Pero nós tamén traballamos en Vigo, Redondela, O Porriño, temos asociados de diferentes ámbitos e non só de Mos. O que buscamos principalmente é traballar polo emprego e a formación. Son os dous piares máis importantes que agora mesmo queremos potenciar.
En outubro de 2020, AEMOS cumpriu 26 anos.
Si, o ano pasado fixemos os hicimos os 25 anos e agora cumprimos os 26. Tentaremos seguir crecendo. Esta é unha Asociación que busca ser dinámica e fomentar o asociacionismo. O feedback que recebemos dos asociados é moi bo, no sentido de que non somos unha asociación ao uso, que de vez en cando realizamos algún comunicado e simplemente os asociados pagan unha cota. Nós potenciamos moito os servizos. Nestes próximos catro anos queremos potenciar aínda mais os servizos aos nosos asociados, principalmente a formación para directivos, para os traballadores. Formación específica, á carta, o que realmente precisa cada empresa polo seu sector, actividade ou porque queren formar aos seus traballadores para un determinado campo.
Co respecto ao emprego, AEMOS dispón dun portal de emprego onde xestionamos a oferta e a demanda, e alí os nosos técnicos son especialistas porque cando un asociado demándanos un perfil concreto, o que facemos é unha selección moi exhaustiva dese perfil. Cando mandamos un perfil a unha empresa, xa foi previamente avaliado e verificado que ese perfil pode reunir as condicións que a empresa precisa. Alí damos un servizo moi concreto e profesional para os nosos asociados, que puxemos en valor na última asemblea e que queremos que iso cada vez teña mais relevancia.
Tamén traballamos na intermediación ante calquera conflito que poidan ter as nosas empresas ou asociados con institucións, con Concellos, coa Xunta. Acompañámo-los, asesorámo-los e tentamos resolver calquera incidencia que teñan.
Que proxectos ten AEMOS para os próximos anos?
Co respecto a algúns proxectos que temos para os próximos catro anos, para entrar en contexto, aquí estamos nun Viveiro Empresarial, que o fixemos pensando nos emprendedores, nas micropymes, para que teñan aquí un espazo. Neste viveiro hai catro obradoiros que están agora baleiros pero que estamos traballando para que poidan implantarse neste viveiro. Son catro obradoiros onde calquera emprendedor, micropyme que teña unha idea industrial, un proxecto, poida desenvolve-lo aquí, con tódalas tecnoloxías que precise, de conexións eléctricas, internet, e cunhas condicións económicas moi vantaxosas, con custes moi reducidos porque así está marcado na normativa dos viveiros empresariais.
Na outra parte da parcela onde estamos, que é unha parcela da asociación, en dereito de superficie que adquirimos fai catro anos, fixemos unha escola infantil, na que conseguimos conciliar a vida familiar e profesional. Poder ter unha escola infantil aquí, dentro da área industrial, é importante porque os traballadores poden deixar aos seus fillos na escola e pode igualmente traballar practicamente ao lado da escola.
E agora, o que nos queda para os próximos catro anos é o proxecto principal, entre a escola e este viveiro, facer o edificio do Centro de Negocios e de Servizos.
Precisamente gustaríanos que nos comentara sobre este proxecto.
O Centro de Negocios e de Servizos sería o edificio principal do parque empresarial onde ter un sitio de reunión para tódalas empresas, para tódolos traballadores, onde podan existir servizos de restauración, sobre todo, onde estean os propios servizos da asociación para dar cabida a todo o que precisamos, onde poida haber un servizo de oficina bancaria, de seguros, asesoramento, tódolos servizos propios dun parque empresarial, que agora mesmo carecemos. Ese proxecto está agora mesmo en fase de redacción, xa o temos adxudicado a un estudo de arquitectura e, o mais importante, estamos tamén buscando financiación para o mesmo porque é un proxecto moi ambicioso e a miña idea é tentar sacalo adiante nos próximos catro anos.
Con cantos socios conta AEMOS na actualidade?
Ó redor dos 350 socios e temos unha figura mais en torno a colaboradores. Polos nosos estatutos, os socios teñen que pertencer ao noso ámbito de Mos. Se ti tes unha empresa en Porriño, non poderías ser socio. Pero contando coa figura de colaborador, si o poderías facer e, ó final, practicamente ven sendo o mesmo. Estase potenciando moito isto porque moitas empresas ven á Asociación como alguén que lles pode “botar unha man”, que ofrece servizos, que pode interactuar.
Unha das nosas liñas de actuación é seguir potenciando o asociacionismo. Un dos nosos técnicos estará traballando diariamente para conseguir máis socios, máis masa asociativa, e con iso ao final é a forma de autoabastecernos economicamente.
Como está afectando a pandemia da COVID 19 aos proxectos e a operatividade de AEMOS?
Nós continuamos traballando practicamente do mesmo xeito, cos mesmos servizos. É evidente que moitas accións nos puidemos realiza-las dun xeito presenzal, como nos houbese gustado, senón de xeito telemático, pero os nosos técnicos seguiron traballando aquí. O que si fixemos é estar por riba das empresas en todo o que precisaban a nivel económico, asesorarlles a nivel de axudas, e a nivel de xestión de emprego.
Observa perspectivas de recuperación para a actual crise socioeconómica?
Para ser sincero, a curto e mediano prazo, non vexo unha recuperación económica. Mais ben, os indicadores dicen que é posible que a economía empeore no primeiro semestre de 2021. No obstante, e teño que dicilo claramente, dende a parte empresarial temos que ser positivos. Hai que mirar ao futuro con fe e esperanza e as nosas empresas teñen que saír adiante. Eu plantexei isto tamén na última asemblea: está ben que digamos a realidade da situación pero temos tamén que ser un pouco positivos.
En toda esta situación parecera estar acelerándose o tránsito cara a economía dixital. Como ven dende AEMOS esta transformación socioeconómica?
Evidentemente, é totalmente certo. As empresas pouco a pouco estanse reconvertendo e pasar a usar cada vez mais a economía dixital, os canais dixitais. É algo que estamos notando diariamente. Con algunhas das nosas empresas, sobre todo pequenas empresas, era complicado establecer unha conexión telemática. Agora xa se están preparado, estanse informando e traballando dun xeito telemático tanto para as súas xestións comerciais como para os seus canais de venda, etc. Evidentemente, esta é unha pandemia que ó final axúdanos a atopar novas solucións a nivel comercial, principalmente, que é o que precisamos as empresas.
A Xunta de Galicia ven de impulsar o Plan de Reactivación Económica de Galicia. Dende a perspectiva de AEMOS, cales son os puntos chave deste plan e a súa capacidade para implementarse?
Nese plan é importante que a Xunta de Galicia póñase en disposición da economía das empresas, buscando canais de axudas, que ofrezan financiación a un custe económico moi axustado. Logo son tamén moi importantes as axudas para xerar emprego, e outro dos aspectos importantes é seguir tendo fondos para formación dos nosos traballadores, principalmente para adaptarnos a esas novas tecnoloxías e xeitos de traballar, que as empresas teñan que adaptarse á transformación dixital. Iso é o que precisamos, que dende a Xunta de Galicia se fagan programas nesa liña.
Algún comentario final?
Quería tamén comentar que dende AEMOS estamos traballando nos derradeiros anos con plans de emprego. Temos en vigor o plan de emprego para 100 persoas en situación de desemprego, onde lles ofrecemos formación e un compromiso de contratación para moitos deles. E iso o facemos en colaboración coas nosas empresas.
Temos tamén un plan contra a violencia de xénero. Fai dez días concedéronos o quinto plan contra a violencia de xénero, onde tentamos axudar a 35 mulleres que por desgraza teñen pasado por unha situación de violencia familiar.
Comentar igualmente que seguimos coas nosas actividades de networking e os almorzos informativos que facemos na nosa Asociación dun xeito habitual durante o ano. Tamén servizos de enerxía eléctrica ofrecendo prezos moi axustados co respecto ao que hai no mercado para abaratar custes. Servizos en vehículos de renting, convenios de colaboración con diferentes entidades onde ofrécense prezos especiais para os nosos asociados, tentando sempre ser o mais dinámicos posibles para axudar ao máximo as nosas empresas.