César Gil Bernárdez (Mondariz Balneario, 1969) logrou unha histórica vitoria electoral para o BNG nos comicios municipais de 2023, poñendo fin a 40 anos consecutivos de gobernos do PP. En agosto pasado, o Concello foi noticia nalgúns medios de comunicación ante determinados bulos racistas espallados polas redes sociais sobre a acollida e integración dos inmigrantes refuxiados recibidos de Mali. O propio Alcalde desmentiu publicamente estes “fake news”.
Cal é o balance que pode ofrecer tras máis dun ano de goberno?
O balance neste primeiro ano é moi positivo xa que estamos colocando as primeiras pedras a un proxecto a medio/longo prazo, sen olvidarnos dos problemas do día a día. Cando chegamos atopámonos con moitas cousas abertas e por solucionar, resolvimos moitas pero segue sendo moi longa a lista. Sabíamos que non ía ser fácil e do enorme reto que nos agardaba pero unha vez chegas descubres moitas cousas que dende a oposición era moi difícil de detectar. A sorte que teño é o equipo de persoas que me rodean; o fan todo moi fácil, e por parte do persoal municipal tamén só teño boas palabras.
Balneario ten recibido recentemente 170 inmigrantes principalmente de Malí y Senegal. Tomando en conta que teñen aparecido diversos bulos racistas en redes sociais, cómo está sendo a súa integración e cales son as iniciativas de acollida para esta poboación?
A acollida esta sendo moi positiva para todos e todas, é unha oportunidade de demostrar que clase de vila somos. Agora mesmo estamos sacando matrícula de honra. Moitas veciñas e veciños estan propondo actividades de integración e de voluntariado que fan que esa integración sexa posible. Por parte deles son sempre boas caras e moito agradecemento a calquera xesto.
“A acollida de refuxiados non ten impacto a nivel demográfico no municipio”
Igualmente, cómo beneficiará demograficamente este feito sendo Balneario o Concello galego máis pequeno (700 habitantes)?
Benefícianos a nivel de valores e solidariedade. A nivel demográfico non ten impacto xa que neste momento seguimos sendo os mesmos veciños, somos un Concello habituado a ter moitos turistas e moita xente nos hoteis.
Temos observado que dende o Concello se impulsan unha serie de iniciativas de conmemoración histórica sobre o pasado do Balneario. Está isto beneficiando ao municipio en materia turística e de promoción exterior?
Si, para nós é fundamental ser un destino atractivo para moita xente. O noso motor é o turismo e por iso o mimamos e coidamos día a día. Temos que seguir pulindo detalles e mellorar na experiencia que lle ofrecemos a todas as persoas que se achegan a Mondariz Balneario. O noso obxetivo é que a xente repita e que se quede a vivir na nosa vila.
“Estou seguro que as relacións serán boas co novo goberno de Mondariz”
Cómo pode afectar a Balneario a recente dimisión do goberno de Mondariz e o retorno ao poder do PP nese Concello, tendo en conta asuntos vitais comúns como a xestión da EDAR e o saneamento municipal?
Afecta que comezamos de cero en moitos asuntos que ían polo bo camiño co anterior goberno, e non me cabe dúbida que seguirán por esa camiño con este novo goberno. Os problemas comúns temos que solucionamos e chegar a entendementos sobre moitos dos servicios públicos. No caso da EDAR nós estamos dando pasos para poder lograr a conexión facendo as reparacións que nos tocan e agora ten que porse as pilas Mondariz. Estou seguro que as relacións serán boas.