Cada vez vemos, sobre todo nos medios, moitas máis criticas ós políticos en xeral. Non estou en absoluto de acordo, pois o mesmo que existen médicos, xornalistas, e outros profesionais, bos e malos, o mesmo pasa cos políticos, coa salvidade de que a estes elixímolos entre todos, así que si eliximos malos políticos, algunha responsabilidade teremos todos.
“Na democracia os políticos son imprescindibles, ou que outro sistema pretendemos?”
Na democracia os políticos son imprescindibles, ou que outro sistema pretendemos? Os que falan tan mal de tódolos políticos que digan cal é o sistema alternativo, o mellor son partidarios dunha ditadura, que por certo cada vez ten máis defensores.
Non pertenzo a ningún partido, mais pertencín e tiven cargos institucionais, polo que poido falar con máis coñecemento que aqueles que nunca participaron en nada, nin queren, e poido dicir que tiven a sorte de coñecer na política a moita xente honrada e moi traballadora, que defendía diferentes ideas e compartíamos a maioría, igual que nun APA, nunha asociación de veciños, nunha comunidade de montes etc. A xente participa a maior parte das veces desinteresadamente, e cando cobra, a veces pola responsabilidade que ten, o seu soldo e bastante menor que o de outros profesionais. Por todo iso penso que merecen un respecto, o que non implica que non se poidan criticar, e si son corruptos ou non o fan ben, deberían ser castigados axiña, como calquera persoa, e polo menos, non volver a votalos.
A xente debería participar moito máis, e non so nos partidos políticos senón tamén nas asociacións de veciños, de ensino, deportivas, culturais, etc, e así sabería dende dentro, o difícil que é as veces conseguir calquera obxectivo, iso sí, a participación en política, debería ser algo vocacional e transitoria, non profesionalizarse nos cargos. Desta maneira participaría moita máis xente que é o que precisa a sociedade, e non criticar por criticar ós políticos, sobre todo agora que medran os bulos nas redes e nos medios.