A Cañiza | Esta mañá o Alcalde visitou aos nenos da primeira quenda que nos contaron a cantidade de actividades que están desenvolvendo. Hoxe tocaba aprender a cultivar prantas e despois da merenda, disfrutar da piscina das Grades.
Con base nas instalacións municipais do pavillón de deportes Carballo do Marco, a/os 120 nena/os inscrita/os nesta nova edición que se desenvolve en dúas quendas, do 3 ao 14 de xullo e do 17 ao 31 de xullo, disfrutarán de luns a venres en horario de 9.00h a 14.00h, dunha variada programación de cara a fomentar a práctica de actividades físicas, deportivas e recreativas no medio natural.
Ademáis polas mañás e sempre que o tempo o permita, poderán usar en exclusividade as instalacións da piscina ao aire libre. O Campamento está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos de idade.
Ademáis, segundo comunicou o Alcalde esta mañá “EU QUERO SER é un programa de lecer e ocio para os máis pequenos, pero tamén está concebido para promover a conciliación laboral e a educación para a igualdade”.