Ribadumia | O Concello de Ribadumia informa que a parroquia de Ribadumia, unha vez rematada a tempada de vendima, contou co servizo de atención ó público para poder axudar a todos os veciños e veciñas que o precisasen na tramitación do cambio de numeración das súas vivendas despois do traballo de renumeración municipal.
Este servizo xa tivo una moi boa acollida nas parroquias de Besomaño, Leiro e Lois.
Debido ao tamaño da parroquia e número de veciños, en Ribadumia, establecéronse dúas quendas de atención. Na primeira quenda foron atendidos un total de 103 veciños de CABANELAS, O FREIXO, CRUCEIRO VELLO E MAMUELA.
O persoal municipal estivo a disposición dos mesmos dende día 4 de outubro ao día 8 en horario de atención de 9:30 a 14 horas, centrándose en aclarar as dúbidas e facilitarlles os trámites de cambio de numeración tanto no que respecta ás institución públicas como ás privadas.
Con este servizo, dende o Concello inténtase facilitar e axilizar o máis cómodamente posible a transición da vella numeración á nova, ocasionándolle as mínimas complicacións á veciñanza.
Neste mesmo sentido, comunícase que dende o vindeiro 25 de outubro ata o 29 será a quenda dos lugares de ESCUSA, RABADEIRO E PUXAFEITA. O persoal municipal estará no Auditorio en horario de 9:30 a 14:00.