Verín | En Marea esixe o mantemento dos servizos do Hospital de Verín, entre eles o do paritorio e das urxencias pediátricas, para non prexudicar os dereitos da cidadanía do rural e das mulleres. O voceiro de En Marea, Luís Villares sinalou minutos antes de comezar a multitudinaria manifestación na capital de Monterrei, que é unha “irresponsabilidade política pechar servizos para a cidadanía mentres se perdoan impostos ás grandes fortunas”.
En Marea considera que non é aceptable que a Xunta de Galicia “peche o servizos de paritorio en Verín mentres se están deixando sen recaudar impostos para as grandes fortunas en Galicia”. O voceiro de En Marea denunciou o “maltrato sanitario que se está cometendo con todas as mulleres” por parte de Núñez Feijóo, un “maltrato sanitario que se está cometendo con todas as mulleres do rural de Ourense e en particular coas da comarca de Verín”. Villares considera que o peche “do paritorio de Verín é un símbolo do maltrato ás mulleres do rural e do estrangulamento das posibilidades para todo o interiore da provinicia de Ourense”.
Villares tamén declarou que era necesaria unha “dimisión inmediata do responsable da EOXI de Ourense e unha rectificación inmediata da decisión de pechar o paritorio e, polo tanto, a reapertura inmediata deste servizo”. No mesmo sentido, Villares pediu a reapertura de todos os servizo que foron pechados no rural durante os últimos anos”.