Santiago de Compostela/EnMarea | O deputado de En Marea Davide Rodriguez defendeu na Comisión 1ª a creación de novos Grupos de Emerxencias Supramunicipais para “completar a rede de emerxencias galega”.
Davide Rodriguez instou a Xunta a creación de novos GES en Maceda, Allariz e A Veiga, tal e coma reclamaron estes concellos o non dispor dun parque de bombeiros próximo para dar cobertura a súa poboación.
Tamén denunciou que co traslado do GES de Fonsagrada a Baleira unha serie de concellos da alta montaña lucense que quedan moi afastados da súa área de intervención. Por mor das distancias ou das condicións de acceso, non existen outros GES que poidan asumir estas competencias garantindo un tempo de intervención adecuado. Para acabar con esta situación, Davide Rodriguez reclamou a creacion dun GES propio para a montaña lucense.
Na súa intervención, o deputado tamén reclamou a creación dun GES propio para a localidade pontevedresa de O Grove, tal e como demandou o seu concello.
As funcións dos GES son variadas e fundamentais para os concellos implicados. No eido da loita contra o lume, interveñen nos incendios ademais de realizar labores preventivas mediante a xestión de faixas de biomasa en terreos municipais e abandonados, para impedir que estes se extendan.
Os GES tamén interveñen en casos de desastres naturais coma nevadas, temporais, sismos ou derrubes, así coma na retirada de obxectos perigosos para a circulación da rede de estradas. Ademais, realizan labores de control de pragas coma a vespa velutina, mediante a retirada e control dos niños.