Ourense | En Marea consegue aprobar por unanimidade no Parlamento de Galicia unha proposta para dotar o Complexo Hospitalario de Ourense dunha cociña propia que poida cubrir as necesidades do centro, tal e como reclama o persoal. En Marea vén de expoñer na Cámara galega a súas súas condicións de traballo, “teñen que elaborar mil menús por quenda nun contexto de absoluta precariedade” xa que, explicou a deputada Eva Solla, “o novo centro non ten cociña e a antiga é totalmente deficiente”, circunstancias que xa foron denunciadas tanto á inspección de traballo como á de sanidade.
“Hai xa tempo que o CHUO amosa importantes deficiencias na dotación de infreastruturas e de persoal”, sinalou Solla, responsable da iniciativa. A ampliación do hospital levada a cabo pola Xunta estivo xa no seu inicio marcada por “unha mala xestión” e polo retraso das obras e na actualidade “a situación está lonxe de mellorar e as carencias que deberían ser solucionadas agudízanse producindo unha situación insostible tanto para os doentes como para o persoal”, indica a parlamentaria.
Unha vez logrado o voto a favor de tódolos partidos con representación no Parlamento, En Marea estará “vixiante” para garantir que a Xunta cumpre a recomendación da Cámara galega.