Mondariz | O goberno de Mondariz liderado por cinco edís de AporM presentou este 11 de setembro a súa dimisión argumentando o “bloqueo absoluto” dos tres grupos municipais da oposición (PP, BNG e PSOE) Falamos con que fora ata agora o seu Alcalde, Xosé Carlos Montes Bugarín, Calis.
O seu goberno vén de presentar a dimisión argumentando o “bloqueo da oposición”. O detonante foi a non aprobación dos Orzamentos municipais?
Foi a gota que colmou o vaso. A situación economica é dificil, herdada de gobernos anteriores e fixemos todo o posible por regularizar as taxas e negociar cos partidos da oposición (PP, PSOE e BNG) para chegar a un acordo.
En ningunha reunión a oposición presentou algunha proposta e o día do pleno (2 de agosto) asinan unha emenda ao orzamento. Negáronse sempre en bloque a calquera negociación, non nos contestan e nos ningunean, Considero que iso foi unha mocion de censura encuberta e incluso pretenderon que gobernara con orzamentos que non son os meus. Non é cuestión de cartos senón de querer traballar.
“Dou por feito que o proxecto de goberno é o mesmo para os tres partidos”
Cre que finalmente aprobarán os Orzamentos?
Dou por feito que o proxecto de goberno é o mesmo para os tres partidos. Se non o fan o único que amosan é querer entorpecer. Preferimos dar un paso ao lado, sen agochar a cabeza e mantendo as nosas conviccións. Se o problema é AporM apartámonos pero seguiremos apostando polo futuro e traballando polos nosos veciños e veciñas.