Mos | A familia de Pereiras que quedou sen o seu fogar debido a un grave incendio a finais do ano pasado pode regresar xa a ela para celebrar o Nadal.
Esta mañá visitaron a casa de Pereiras a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro da parroquia de Pereiras, Leo Costas, xunto co Presidente da Comunidade de Montes de Pereiras, Jorge Lorenzo, membros de Cáritas Pereiras-Petelos, e o veciño da zona e membro da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, que fixo as veces de albañil encargado da obra, Raimundo Pérez Rodríguez, para entregarlle as chaves á propietaria da casa, Rosa Groba.
A rehabilitación desta vivenda, afectada por un grave incendio, foi posible grazas á colaboración mediante aportacións altruistas e desinteresadas de empresas, voluntarios, veciñanza, Asociación de Veciños, Comunidade de Montes, Concello e traballadores municipais.
Ademais, o domingo 1 de decembro de 2019 ás 18.00 horas da tarde no Multiusos das Pozas, celebrouse un Festival Solidario para recaudar fondos no que se contou coas actuacións tamén altruistas e desinteresadas da Banda de Música Xuvenil de Torroso, A Coral Polifónica Ventos do Val, o grupo de acordeóns Argonat Band e Os Chavellos de Pereiras. Alejandro Pérez foi o mestre de cerimonias, participando tamén de xeito totalmente altruista.
O incendio produciuse na noite do domingo 3 de novembro do pasado ano, afectando á casa de Rosa e a súa familia cun feroz lume que a destruiu case por completo. Desde entón un gran movemento solidario púxose en marcha e veciños, voluntarios de Protección Civil e traballadores municipais volcáronse no desescombro, retirada de entullos, limpeza e posterior inicio da rehabilitación da edificación, que xa se atopa por fin rematada. Pola súa banda tamén o Concello de Mos, xunto coa Comunidade Montes de Pereiras, a A.V.V. Nosa Terra e Cáritas organizaron o dispositivo para a volta a normalidade desta familia canto antes.
Na entrega de chaves da casa de Rosa realizada hoxe a rexedora local mosense agradeceu unha vez máis neste senso o “gran apoio de tantas persoas e desta parroquia de Pereiras que se volcou por completo coa familia e, unha vez máis, demostrou que é todo un exemplo e un símbolo de solidariedade”.